Árbores senlleiras nos Camiiños de Santiago en Galicia

J. Gaspar Bernárdez, Villegas, Antonio Rigueiro Rodríguez, Beatriz Ojea Martínez de la Escalera | 2023
Árbores senlleiras nos Camiiños de Santiago en Galicia

Bernárdez Villegas, J.G., Rigueiro Rodríguez, A., Ojea Martínez de la Escalera, B.

O Camiño de Santiago é un itinerario milenario que conduce dende todos os puntos de Europa e da Península Ibérica cara ao lugar onde están soterrados os restos do apóstolo Santiago O Maior. O descubrimento do sepulcro no noroeste peninsular é a orixe da peregrinación que, dende a Idade Media ata os nosos días, guiou milleiros de fieis cara o Lucus Sanctus. No ano 711 prodúcese a entrada dos musulmáns na Península Ibérica polo sur, que chegan aos territorios do norte en escasamente dous anos. Os asentamentos musulmáns foron máis estables no sur, onde se creou o Califato de Córdoba. No orte non houbo conquista pero si multitude de incursións bélicas. Será entón un pequeno reino cristián do norte o xerme da expansión dos territorios cristiáns ata o século XV, fin do último reino musulmán na Península.

Esta era a situación socio-política no tempo do descubrimento do sepulcro apostólico, que nos dá unha idea da importancia deste fito e o que supuxo para os reinos cristiáns na loita contra os exércitos musulmáns. A figura do apóstolo tomaríase como símbolo para loitar contra as tropas musulmás, o que fixo que moitos cristiáns de alén dos Pirineos decidisen axudar na loita contra os «infieis».
Descargas
  • Árbores senlleiras nos Camiños de Santiago en Galicia
    J.. Gaspar Bernárdez, Villegas, Antonio Rigueiro Rodríguez, Beatriz Ojea Martínez de la Escalera
Voltar