2014: Humidais Continentais


Curso de Verán Xestión e conservación de Humidais Continentais no marco da Estratexia da Unión Europea sobre a biodiversidade

Título: Xestión e conservación de Humidais Continentais no marco da Estratexia da Unión Europea sobre a biodiversidade
Dirección: Ramón Alberto Díaz Varela
Secretaría: Boris Hinojo Sánchez, Marco Antonio Rubinos Román
Tipoloxia: Curso de Veran da USC
Sede: IBADER
Datas: 14-16/2014
 
Organiza: IBADER
Colabora: Comisión Europea. Dirección Xeral de Medio Ambiente (Programa Life)
Horas lectivas: 30
Límite de prazas: 50

Resumo:
Na Resolución do Parlamento Europeo, de 20 de abril de 2012, sobre a estratexia da UE sobre a biodiversidade ate o ano 2020 (2011/2307(INI)) destácase a preocupación polo crecente deterioro de hábitats esenciais, sinalando especialmente aos humidais, os cales deberían recibir unha atención prioritaria acompañada de medidas urxentes que se correspondan realmente có estatus de protección especial que se lles confire a UE. Dentro deste marco xeral, formúlase a realización dunhas xornadas centradas nos humidais continentais no norte da península ibérica, marcando como obxectivo concreto o de achegar á nosa sociedade un diagnóstico do estado actual deste tipo de hábitats, centrándose naqueles que teñen un maior risco de desaparición ou degradación, as turbeiras e medios higrófilos, así como a presentación de accións concretas e conservación dirixidas a garantir o seu valor ecolóxico.
2014: Humidais Continentais
 
Voltar