2010: Caracterización de Hábitats


Curso de verán Caracterización e monitorización de hábitats

Título: Caracterización e monitorización de hábitats
Dirección: Pablo Ramil Rego
Secretaría: Javier Ferreiro da Costa e Belén de Nóvoa
Tipoloxía: Curso de Verán da USC
Sede: IBADER
Datas: 6-9/09/2010

Organiza: IBADER
Colabora: Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Xunta de Galicia). Deputación de Lugo
Horas lectivas: 30
Límite de prazas: 100

Resumo

O resultado das avaliacións internacionais e europeas derivadas da Asemblea Xeral das Nacións Unidas do ano 2000 permitiu xerar novas metodoloxías para a caracterización, seguimento e avaliación dos compoñentes da biodiversidade. As metodoloxías e a información xerada, mostra unha grande aplicabilidade na conservación, xestión e planificación do territorio e en particular dos espazos naturais. Dentro do ano internacional da Biodiversidade, o seminario proposto busca achegar aos alumnos universitarios, a investigadores e profesionais vinculados cos campos da xestión do territorio e da biodiversidade, as novas metodoloxías de análise territorial dos hábitats, así como os resultados máis relevantes, que desta análise, inciden sobre o noroeste ibérico.
2010: Caracterización de Hábitats
 
Voltar