2014: Fertilidade en agricultura ecolóxica
Curso Xestión da fertilidade en agricultura ecolóxica
Titulo: Xestión da fertilidade en agricultura ecolóxica
Dirección: Adolfo López Fabal María Elvira López Mosquera
Tipoloxía: Curso de Formación Continua
Sede: IBADER
Datas: 08-12/09/2014.
Organiza: IBADER
Créditos: 2,4
Límite de prazas: 50
Obxectivos do curso:
O obxectivo é afondar no co?ecemento de:
- as principais características do solo relacionadas coa súa fertilidade e capacidade productiva
- a avaliación da fertilidade e o balance de nutrintes no solo
- productos utilizables como fertilizantes en agricultura ecolóxica e as súas características
- principios básicos da fertilización e planificación do abonado en agricultura ecolóxica
Metodoloxía:
Combinación de docencia teórica e práctica en laboratorio e campo. O profesorado procede tanto do ámbito universitario coma de empresas do sector da agricultura ecolóxica. Os alumnos que traballan como técnicos e profesionais do sector poden aportar tamén o seu co?ecemento e experiencia.
Requisitos de acceso:
- Técnicos e profesionais do sector
- Titulados e estudantes universitarios de titulacións relacionadas
- Público xeral interesado
Programa:
- Avaliación da fertilidade. (Créditos: 1)
- Mantemento e mellora da fertilidade do solo. (Créditos: 0,9)
- Práctica da fertilización en agricultura ecolóxica. (Créditos: 0,5)