2016: Seminario IMPRO


Seminario IMPRO

Título: Seminario IMPRO
Dirección: Isabel Blanco Penedo
Tipoloxía: Seminario
Sede: IBADER
Datas: 04/03/2016
 
Organiza: IMPRO (Subprograma Bienestar Animal. IRTA. Monells, Girona).
Colabora: IBADER
Límite de prazas: 50
 
Resumo:
 
O próximo 4 de marzo de 2016 celebrarase na sede de IBADER, Lugo, un seminario rexional do proxecto en vacún ecolóxico de leite IMPRO (7º Programa Marco FP7) Este seminario forma parte da fase de divulgación de IMPRO, tamén realizado en Euskadi (na sede de ENEEK), do mesmo xeito que en Francia, Suecia e Alemaña. Durante o seminario debateuse cos asistentes os resultados máis relevantes até agora do proxecto. Para iso reuníronse produtores e asesores en granxa (clínicos veterinarios e técnicos) que ofrecen servizo ás gandarías ecolóxicas, é dicir, os futuros usuarios do programa informático resultado do proxecto IMPRO (páxina web: http://impro-dairy.eu).

O obxectivo de IMPRO é mellorar a saúde e benestar das granxas ecolóxicas de vacún de leite, desenvolvendo plans de acción que se adapten ás posibilidades e limitacións específicas de cada granxa e incorporando cálculos custo-beneficio para a toma de decisións. Os resultados do proxecto incorpóranse nun programa informático de xestión sanitaria para o seu uso en vacún ecolóxico de leite así como nas granxas leiteiras convencionais en pastoreo. No proxecto traballouse sempre cun enfoque participativo, realizando distintas visitas a granxas dos países involucrados (España, Francia, Alemaña, Suecia). Nestas visitas teñense testado diferentes compoñentes deste programa conforme se foron desenvolvendo.

Deste xeito, durante o seminario puidéronse expor e discutir os datos de saúde obtidos nas 200 granxas europeas que forman parte do proxecto e presentáronse as últimas versións dos compoñentes do programa, entre eles a ferramenta económica para os cálculos custo-beneficio. As discusións e debates xerados a partir da información presentada foron moi interesantes e enriquecedores tanto para os investigadores do proxecto, como para os participantes, que atoparon no seminario un espazo para presentar as súas opinións e realidades. A información detallada da xornada e os resultados presentados durante a mesma estaran dispoñibles ao longo do ano na pestana de Deliverables da web do proxecto.

Durante estes meses tamén se realizaron seminarios en Estonia, Polonia e República Checa para presentar os resultados do proxecto, mentres en Reino Unido e Holanda estase testando en granxas ecolóxicas a última versión do programa informático.
2016: Seminario IMPRO
 
Voltar