2018: Seminario Técnico sobre Xestión de Áreas Protexidas

 
Seminario Técnico sobre Xestión de Áreas Protexidas

Título: Seminario Técnico sobre Xestión de Áreas Protexidas
Dirección: Pablo Ramil-Rego
Tipoloxía: Seminario
Sede: Edificio CACTUS - Campus de Lugo
Datas: 11/12/2018
 
Organiza: IBADER
Colabora: Deputación de Lugo
Límite de prazas: 40
Resumo:
 
O IBADER do Campus de Lugo organiza un Seminario Técnico sobre Xestión de Áreas Protexidas no Edificio Cactus do Campus de Lugo, para achegar á poboación os aspectos máis salientables sobre a conservación e a xestión das áreas protexidas. Este acto permitirá aumentar a concienciación pública sobre a conservación do noso patrimonio natural e cultural, así como o papel que os espazos naturais xogan na promoción do desenvolvemento sostible do territorio.
 
Para tal finalidade o evento contará cunha serie de intervencións, contando coa presentación do proxecto LIFE FLUVIAL que se desenvolve en Espazos Protexidos Rede Natura 2000, así como diversas medidas e experiencias en espazos naturais de diversa índole. 

 
O acto contará coas seguintes ponencias:
 
17:00 h: Presentación
17:15 h: Javier Ferreiro da Costa
Presentación del proyecto LIFE FLUVIAL
17:30 h: Andrea Macho Benito
Actuacións na Reserva de Biosfera Terras do Miño
18:15 h: Miguel Fernández Pardo
Implantación das marcas de calidade en Reservas da Biosfera.
18:45 h: Francisco Javier Sanz Larruga
Dereito e políticas ambientais: xestión de áreas protexidas
19:00 h: Debate
2018: Seminario Técnico sobre Xestión de Áreas Protexidas
 
Voltar