2018: Seminario Técnico BACCATA


Seminario Técnico BACCATA

Título: Seminario Técnico BACCATA
Dirección: Pablo Ramil-Rego
Tipoloxía: Seminario
Sede: Edificio CACTUS - Campus de Lugo
Datas: 29/11/2018
 
Organiza: IBADER
Colabora: Deputación de Lugo
Límite de prazas: 40
Resumo:
 
O IBADER do Campus de Lugo organiza un Seminario Técnico BACCATA no Edificio Cactus do Campus de Lugo, para achegar á poboación o importante papel que xoga o teixo (Taxus baccata) na conservación da nosa biodiversidade, e por extensión das formacións dominadas (teixadais, teixidos, teixedos) por esta senlleira especie. Este acto permitirá tamén aumentar a concienciación pública sobre a conservación do noso patrimonio natural arborado, do patrimonio cultural asociado ao teixo, e os servizos ecosistémicos prestados polos teixadais.
 
Para tal finalidade o evento contará cunha serie de intervencións do proxecto LIFE BACCATA, que na actualidade está a traballar pola conservación dos teixadais en 15 Espazos da Rede Natura 2000 da Cordillera Cantábrica (Galicia, Castela e León, Euskadi). Ademais, contarase coa presenza de dúas asociacións que levan un longo tempo traballando pola conservación do teixo e os seus valores naturais e culturais.
 
O acto contará coas seguintes ponencias:
 
16:30 h: Presentación
16:45 h: Paulino Martínez: Resultados preliminares do mostreo xenético de LIFE BACCATA
17:30 h: Roberto Rubio: Presentación accións LIFE BACCATA en Castela e León
17:35 h: Javier Pérez: Presentación accións LIFE BACCATA en Euskadi
17:40 h: Javier Ferreiro: Presentación accións LIFE BACCATA en Galicia
17:45 h: Javier Ezquerra: Avances sobre o teixo como material forestal de reprodución en Castela e León
18:15 h: Asociación A Morteira. O teixo na Comarca de El Bierzo-León.
19:00 h: Asociación Amigos del Tejo y las Tejedas. Novos coñecementos e orientacións sobre o teixo e a súa conservación
19:45 h: Debate e discusión

 
2018: Seminario Técnico BACCATA
 
Voltar