2019: Obradoiro de avaliación dos parques eólicos sobre as turbeiras de cobertor


2018: Obradoiro avaliación dos parques eólicos sobre as turbeiras de cobertor

Título: Obradoiro de avaliación dos parques eólicos sobre as turbeiras de cobertor
Dirección: Pablo Ramil-Rego
Tipoloxía: Obradoiro
Sede: IBADER-Campus Terra e serra do XIstal - ZEC Serra do Xistral (ES1120015)
Datas: 18-19/10/2019
Organiza: IBADER
Colabora: LIfe TREMEDAL - Life FLUVIAL - Deputación de Lugo

Resumo:
Durante os días 18 e 19 de outubro, o IBADER do Campus Terra (Lugo) da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Escola de Ciencias Animais, Rurais e Medioambientais (School of Animal, Rural and Environmental Sciences) da Nottingham Trent University (NTU), desenvolveu un Obradoiro para analizar as distintas ferramentas dispoñibles na actualidade para avaliar o impacto ambiental que os parques eólicos causan sobre o estado de conservación das turbeiras de cobertor na Cordilleira Cantábrica, e nomeadamente nas Serras Setentrionais de Galicia. As turbeiras de cobertor son un tipo de hábitat cuxa conservación se considera prioritaria ao abeiro da DC 92/43/CEE, razón pola cal foi designado o Espazo Natura 2000 ZEC Serra do Xistral (ES1120015), nas Serras Setentrionais de Galicia.
2019: Obradoiro de avaliación dos parques eólicos sobre as turbeiras de cobertor
 
Voltar