Estratexia de Infraestructura Verde e Adaptación ao Cambio Climático de Santiago de Compostela - Versión en galego

Pablo Ramil-Rego, Diego Carreira-Flores, Luis Gómez-Orellana, Carlos Oreiro Rey, Diego Blanco Sandá, Hugo López Castro, Javier Ferreiro da Costa, Juan Ortiz Sanz, Manuel A. Rodríguez Guitián, Eduardo Corbelle Rico, Juan Piñeiro Chousa, Mª Ángeles López Cabarcos, Rocio Montañés Fernández, Antonio Ranedo Santillana, Román Otero Ferreiro, Teresa Vázquez Hernández, Gregorio López Albardonero, Idoia Camiruaga Osés | 2025
Estratexia de Infraestructura Verde e Adaptación ao Cambio Climático de Santiago de Compostela - Versión en galego

Ramil-Rego, P., Carreira Flores, D., Gómez-Orellana, L., Oreiro Rey, C., Blanco Sandá, D., López Castro, H., Ferreiro da Costa, J., Ortiz Sanz, J., Rodríguez Guitián, M.A., Corbelle Rico, E., Piñeiro Chousa, J., López Cabarcos, M.A., Montañés Fernández, R., Ranedo Santillana, A., Otero Ferreiro, R., Vázquez Hernández, T., López Albardonero, G., Camiruaga Osés, I. (2025). Estratexia de Infraestructura Verde e Adaptación ao Cambio Climático de Santiago de Compostela. Monografías do IBADER - Serie Biodiversidade. IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.




O desenvolvemento da Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático de Santiago de Compostela enmárcase no seguimento das políticas ambientais europeas, estatais e autonómicas dirixidas a frear a perda de biodiversidade, promover a conectividade ecolóxica e aumentar a resiliencia dos territorios fronte ao cambio climático. Neste contexto, a Infraestrutura Verde consolídase como unha ferramenta esencial para integrar a planificación ambiental e territorial desde unha perspectiva ecosistémica e multiescalar.

O Tratado de Funcionamento da Unión Europea establece que a política ambiental comunitaria debe promover a conservación e mellora do medio ambiente, a protección da saúde, o uso sostible dos recursos naturais e a acción fronte ao cambio climático. Esta política persegue un alto nivel de protección, adaptado á diversidade rexional, e baséase en principios como a precaución, a prevención e a corrección na orixe. Na súa elaboración, a Unión ten en conta tanto criterios científicos e técnicos como as condicións ambientais rexionais, os impactos da acción ou inacción e o equilibrio no desenvolvemento económico e social.

De acordo con estes principios, a Comisión Europea puxo en marcha distintas estratexias e normativas co obxectivo final de contribuír a deter a perda de biodiversidade ocasionada polo impacto adverso das actividades humanas, así como promover un uso máis racional e sostible dos recursos naturais. Neste sentido, no ano 2013, a Comisión aprobou a Comunicación “Infraestrutura verde: mellora do capital natural de Europa” [Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións: Infraestrutura verde: mellora do capital natural de Europa. COM (2013) 249 final. 6/05/2013], documento coñecido como Estratexia da Unión Europea en materia de Infraestrutura Verde.

Edición realizada no proxecto Entre Sar e Sarela: Proxecto para a renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestructura verde de Santiago de Compostela, da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
Voltar