Integración paisaxística por medio das cores e dos materiais das construcións (2017)


González Rodríguez, A., Salvador Fernández, J., López Guitar, M.J., Gómez Cereijo, J. (2017). Integración paisaxística por medio das cores e dos materiais das construcións. Unha achega metodolóxica para a elaboración de recomendacións e propostas de composición. Aplicación á paisaxe galega. Monografías do IBADER - Serie Territorio 1. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. p 62.
 
A integración paisaxística constitúe unha demanda social e institucional cada vez máis consolidada, no marco da crecente consideración da paisaxe como un recurso merecedorde protección e cuxa valorización pode contribuír de forma notable ao desenvolvemento socioeconómico. Esta demanda social, xunto ás esixencias normativas impulsadas nos últimos anos desde distintos ámbitos lexislativos, implican a necesidade de contar con fundamentos teóricos e desenvolvementos metodolóxicos que eviten a súa transformación nun conxunto de actuacións illadas e incoherentes.
 
A metodoloxía descrita nesta monografía ten por obxecto establecer unhas pautas de composición para construcións e edificacións, que favoreza unha adecuada integración paisaxística e con iso contribuír a unha maior calidade da paisaxe galega.

Esas pautas centraranse nos tipos de materiais máis recomendables para os diferentes elementos das construcións e edificacións, así como nas gamas ou paletas de cores máis congruentes coas características das contornas nas que se vaian empregar.
 
A metodoloxía cristalizará nunha serie de recomendacións e propostas prácticas, con carácter orientativo, que poderían servir de fundamento e axuda para que os plans urbanísticos e os instrumentos de ordenación do territorio as concreten, para ámbitos territoriais menores, e por tanto dunha forma máis detallada e cun alcance normativo.

Autor: Alberte González Rodríguez, Jorge Salvador Fernández, Manuel José Guitar, Jorge Gómez Cereijo.
Título: Integración paisaxística por medio das cores e dos materiais das construcións. Unha achega metodolóxica para a elaboración de recomendacións e propostas de composición. Aplicación á paisaxe galega.
Ano: 2017.
 
Edita: IBADER. Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural. Universidade de Santiago de Compostela, Campus Universitario s/n. E-27002 Lugo, Galicia.

ISSN edición impresa: 1888-5810
ISSN edición dixital: 1988-8341
Depósito Legal: C 173-2008

Copyright: IBADER
Integración paisaxística por medio das cores e dos materiais das construcións (2017)
 
Descargas
Voltar