Árbores e formacións senlleiras da contorna dos Ancares e do Courel (2021)


Bernárdez, J.G., Rigueiro, A., (2020). Árbores e formacións senlleiras da contorna dos Ancares e do Courel. Monografías do Ibader - Serie Cadernos da Estación Científica do Courel 3. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. p 108.
 
Resumo: esta monografía da serie CADERNOS DA ESTACIÓN CIENTÍFICA DO COUREL céntrase no estudo das árbores e formacións senlleiras das serras dos Ancares e do Courel e da súa contorna, un patrimonio natural que se debe conservar e tamén por en valor, pois constitúe un atractivo turístico máis desta comarca que é xenerosa en valores naturais. Despois de analizar o que entendemos por árbore ou formación senlleira analízase o papel dos monumentos vexetais destas serras e da súa contorna ao longo da historia da catalogación dos mesmos en Galicia e ofrécese información detallada das 12 árbores/formacións incluídas na actualidade no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, e tamén de outras 8 que consideramos merecentes de formar parte do catálogo, 3 das cales xa foron propostas.
No último apartado inclúense 11 exemplares non documentados ata o momento, como sinal inequívoca de que con un traballo de campo máis exhaustivo novas árbores e formaciónssenlleiras serían atopadas nestas serras.

 
Abstract: this monograph of the series CADERNOS DA ESTACIÓN CIENTÍFICA DO COUREL focuses on the study of the unique trees and formations of the mountains of Os Ancares and Courel and their surroundings, a natural heritage that must be preserved and also valued, as it is a tourist attraction. region that is generous in natural values. After analyzing what we mean by tree or unique formation, we analyze the role of plant monuments in these mountains and their surroundings throughout the history of cataloging them in Galicia and offers detailed information on the 12 trees / formations currently included in the Galician Tree Catalog. Unique, and also of other 8 that we consider worthy of being part of the catalog, 3 of which have already been proposed.
The last section includes 11 specimens not documented so far, as an unequivocal sign that with a more thorough fieldwork new trees and formations would be found in these mountains.

Autor: José Gaspar Bernárdez Villegas, Antonio Rigueiro Rodríguez.
Título: Árbores e formacións senlleiras da contorna dos Ancares e do Courel.
Ano: 2021.

Edita: IBADER. Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural. Universidade de Santiago de Compostela, Campus Universitario s/n. E-27002 Lugo, Galicia.

ISSN edición impresa: 1888-5810
ISSN edición dixital: 1888-8341
Depósito Legal: C 173-2008

Copyright: IBADER
Árbores e formacións senlleiras da contorna dos Ancares e do Courel (2021)
 
Descargas
  • Árbores e formacións senlleiras da contorna dos Ancares e do Courel
    José Gaspar Bernárdez Villegas, Antonio Rigueiro Rodríguez.
Voltar