Catálogo da macromicobiota das montañas do Courel (Galicia, NO España) (2020)


Alonso, J., Rigueiro, A., (2020). Catálogo da macromi-cobiota das montañas do Courel (Galicia, NO España). Monografías do Ibader - Serie Cadernos da Estación Científica do Courel. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
 
Resumo: os traballos de catalogación da biodiversidade son imprescindibles como base de coñecemento para garantir a sustentabilidade do medio natural, así como para a definición e aplicación de proxectos de xestión e desenvolvemento dos territorios. Este traballo é unha aproximación ao coñecemento e catalogación da macromicobiota correspondente ás divisións Basidiomycota e Ascomycota das montañas do Courel, inventariando e describindo 410 taxons para o territorio, que xunto con 126 distintos taxons previamente citados por outros autores, e tamén recollidos neste traballo, fan un total de 536 taxons referenciados, un importante número reflexo da gran biodiversidade fúnxica das montañas do Courel, o que se corresponde coa diversidade xeolóxica, climática e florística deste territorio excepcional. Dos 410 taxons descritos, 322 son primeiras citas publicadas para o territorio das montañas do Courel, 109 para a provincia de Lugo, 48 para Galicia, 5 para a península ibérica, e unha é primeira cita europea: Simocybe serrulata. O estudo realizouse durante algo máis de 3 anos (outono de 2016 ata finais 2019) de periódico traballo de prospección micolóxica no territorio, complementado nos laboratorios da Estación Científica do Courel e do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (USC-Campus Terra de Lugo).

Palabras clave micobiota, Basidiomycota, Ascomycota, biodiversidade fúnxica, Lugo.
 
Abstract Cataloguing works about biodiversity are essential as a knowledge base in order to guarantee the natural environment sustainability, as well as for the definition and application of projects of management and development of the territories. This work is an approach to the knowledge and cataloguing of the macromycobiota of the divisions Basidiomycota and Ascomycota of the Courel montains, describing 410 taxa for the territory, which together with 126 taxa previously record by other authors, and also collected in this work, make a total of 536 referenced taxa, an important number reflecting the great fungal biodiversity of the Courel mountains, which corresponds to the geological, climatic and floristic diversity of this exceptional territory. Of the 410 descripted taxa, 323 are first time published records in the territory of Courel mountains, 109 in the province of Lugo, 48 in Galicia, 5 in the Iberian Peninsula, and one in Europe: Simocybe serrulata. The study was made during a bit more than 3 years (autumn 2016, end of 2019) via periodic work of mycologic prospection in the territory, complemented in the labs of the Courel Scientific Station and the Department of Crop Production of the Higher Polytechnic Engineering School (USC-Campus Terra, Lugo).

Keywords mycobiota, Basidiomycota, Ascomycota, fungal biodiversity, Lugo.

Autor: Julián Alonso Díaz, Antonio Rigueiro Rodríguez.
Título: Catálogo da macromicobiota das montañas do Courel (Galicia, NO España).
Ano: 2020.

Edita: IBADER. Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural. Universidade de Santiago de Compostela, Campus Universitario s/n. E-27002 Lugo, Galicia.

ISSN edición impresa: 1888-5810
ISSN edición dixital: 1888-8341
Depósito Legal: C 173-2008

Copyright: IBADER

 
Catálogo da macromicobiota das montañas do Courel (Galicia, NO España) (2020)
 
Descargas
  • Catálogo da macromicobiota das montañas do Courel (Galicia, NO España)
    Julián Alonso Díaz, Antonio Rigueiro Rodríguez
Voltar