Dende a produción á panificación do trigo galego ‘Caaveiro’ en cultivo ecolóxico vs. convencional (2022)


Romero Rodríguez, M.A.; Pereira Lorenzo, S. (coord). (2022). Dende a produción á panificación do trigo galego ‘Caaveiro’ en cultivo ecolóxico vs. convencional. Monografías do Ibader - Serie Recursos Alimentarios. IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.

Resumo
No marco da produción sostible e a alimentación segura preséntase esta monografía que resulta dun estudo multidisciplinar no que participaron investigadores procedentes de diferentes áreas de coñecemento (Anatomía, Bioloxía Funcional, Economía, Socioloxía e Política Agraria, Edafoloxía, Nutrición e Bromatoloxía, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, Tecnoloxía dos Alimentos e Zooloxía).
Esta monografía avalía dende a produción de trigo autóctono galego (variedade ‘Caaveiro’) en ecolóxico vs. convencional, ata a obtención de fariñas e a panificación e control dos produtos finais. Ademais, permite afondar no coñecemento do efecto do sistema de cultivo a diferentes niveis nun campo cada vez mais demandado como é o de produtos de proximidade e ecolóxicos.
En base aos resultados obtidos, pódese potenciar a produción en ecolóxico, xa que ao realizar o cultivo de cereais de forma mais sostible, consíguense optimizar todas as variables que deberían preocupar á sociedade como son a alimentación, a saúde, o medioambiente, a economía e o consumo.

Abstract
In the framework of sustainable production and safe food, this monograph that is the result of a multidisciplinary project involving researchers from different fields of knowledge (Anatomy, Functional Biology, Economics, Sociology and Agricultural Policy, Soil Science, Analytical Chemistry, Nutrition and Bromatology, Plant Production and Engineering Projects, Food Technology and Zoology).
This monography evaluates from the production of Galician native wheat (cv. ‘Caaveiro’), comparing organic farming vs. conventional, to the flour obtained and the baking and control of the final products. In addition, it allows to deepen the knowledge associated with the effect of the farming system at different levels on a subject that is increasingly in demand, such as proximity and ecological products.
Based on the results obtained, organic production can be encouraged, since by cultivating cereals in a more sustainable way, it is possible to optimize all the variables that should concern society such as the nutrition, the health, the environment, the economy and the consumption.


Autor: Romero Rodríguez, M.A.; Pereira Lorenzo, S. (coord).
Título: Dende a produción á panificación do trigo galego ‘Caaveiro’ en cultivo ecolóxico vs. convencional.
Ano: Decembro 2022.

Edita: IBADER. Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural. Universidade de Santiago de Compostela, Campus Universitario s/n. E-27002 Lugo, Galicia.

ISSN edición impresa: 1888-5810
ISSN edición dixital: 1988-8341
Depósito Legal: C 173-2008
Copyright: IBADER
Dende a produción á panificación do trigo galego ‘Caaveiro’ en cultivo ecolóxico vs. convencional (2022)
 
Descargas
  • Respostas ás preguntas sobre o pan e o cereal do país
    Mª Ángeles Romero Rodríguez Respostas ás preguntas sobre o pan e o cereal do país Santiago Pereira Lorenzo (coordinadores)
Voltar