Ónega López, Q., Pérez Rodríguez, N., Fernández Villar, G. & López Colmenero, M.A. (2024). Aterrando no sector agrario: Como apoiar ás persoas novas entrantes no acceso á terra?. Monografías do IBADER - Serie Recursos Alimentarios. IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Esta guía elaborada polo Grupo Operativo TERRACTIVA ofrece unha proposta metodolóxica para apoiar ás persoas novas entrantes no acceso á terra (dende a propia busca de terras ata a formalización do acceso). Diríxese a aquelas entidades e profesionais que, en maior ou menor medida, acompañan e asesoran a estas persoas no inicio da súa actividade, e tamén a aquelas outras que queren comezar a prestar ese tipo de apoio.
O proxecto TERRACTIVA desenvolve ferramentas para apoiar aos novos e novas entrantes que queren comezar unha actividade agraria. O proxecto foi beneficiario das axudas para a execución de proxectos dos Grupos Operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.