Guía para apoiar as persoas novas entrantes na agroecoloxía (2024)

Mª Elena López Colmenero, Adrián Sánchez Antelo, Quico Ónega López, Alfonso Ribas Álvarez, Nieves Pérez Rodríguez, Ángela Fernández Piñeiro, Guillermina Fernández Villar. | 2024
Guía para apoiar as persoas novas entrantes na agroecoloxía (2024)

López Colmenero, M.A., Sánchez Antelo, A.,Ónega López, Q., Ribas Álvarez, A., Pérez Rodríguez, N., Fernández Piñeiro, A. & Fernández Villar, G. (2024). Guía para apoiar as persoas novas entrantes na agroecoloxía. Monografías do IBADER - Serie Recursos Alimentarios. IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.

Esta guía elaborada polo Grupo Operativo TERRACTIVA ofrece unha proposta metodolóxica para apoiar ás persoas novas entrantes no proceso de incorporarse á agroecoloxía. Diríxese a aquelas entidades e profesionais que, en maior ou menor medida, acompañan e asesoran a estas persoas no inicio da súa actividade, e tamén a aquelas outras que queren comezar a prestar ese tipo de apoio.

O proxecto TERRACTIVA desenvolve ferramentas para apoiar aos novos e novas entrantes que queren comezar unha actividade agraria. O proxecto foi beneficiario das axudas para a execución de proxectos dos Grupos Operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. 
Descargas
  • 2024-MonografIBADER-LC
Voltar