2006: Exposición Centro Interpretación Lagoa de Cospeito
Título: A Lagoa de Cospeito.
Localización: Centro de Interpretación da Lagoa de Cospeito (Lagoa de Cospeito, Feira do Monte, Cospeito, Lugo).
Autoría: IBADER.
A exposición, inaugurada no ano 2006, localízase na propia lagoa de Cospeito e a través dun conxunto de paneis permite coñecer o contexto da lagoa no conxunto de Galicia e do Alto Miño, así como a evolución histórica da lagoa, e os os diferentes compoñentes da biodiversidade tanto do medio higrófilo como do acuático que caracterizan este importante humidal, incluido dentro da Rede Natura 2000 (ZEC Parga-Ladra-Támoga) e na Red de Reservas da Biosfera (Reserva de Biosfera Terras do Miño).