Banco de Datos

Proxecto técnico para a mellora dos corredores fluviais na ZEC Parga-Ladra-Támoga 05/2018

 
Proxecto técnico para a mellora dos corredores fluviais na ZEC Parga-Ladra-Támoga (ES1120003) en los enclaves río Miño-Lugo, Río Miño-Rábade y río Parga Acción A2 Planificación técnica das accións de restauración

Ramil-Rego, P., Ferreiro Da Costa, J., Oreiro Rey, C., López Castro, H. & González Baz, M. (2018): Proyecto técnico para la mejora de los corredores fluviales en la ZEC Parga-Ladra-Támoga (ES1120003) en los enclaves Río Miño-Lugo, Río Miño-Rábade y Río Parga. Acción A2 “Planificación técnica de las acciones de restauración”. Informe realizado para el proyecto LIFE Fluvial (LIFE 16 NAT/ES7000771). Coordinador del informe: Pablo Ramil Rego. Director del proyecto: Jorge Marquínez García.

O marco de traballo creado ao amparo do proxecto LIFE FLUVIAL “Mellora e xestión sostible dos corredores fluviais da Rexión Atlántica Ibérica” (LIFE16NAT/É/000771), contempla a posta en marcha unha estratexia  transnacional para a xestión sostible dos seus hábitats en varias concas fluviais atlánticas da Península Ibérica (España e Portugal). O obxectivo xeral do proxecto é a mellora do estado de conservación de corredores fluviais atlánticos na Rede Natura 2000. Neste ámbito, factores de ameaza como especies invasoras, intensificación de usos ou problemas fitosanitarios, xeran a deterioración e fragmentación dos hábitats dos corredores fluviais. Estas ameazas inciden sobre a calidade e continuidade dos bosques  higrófilos, hábitat principal ao que vai dirixido o proxecto, considerado de carácter prioritario (91E0* Bosques  aluviales con Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior) e peza crave no mantemento da composición, estrutura e funcionalidade dos corredores fluviais. O proxecto achega estratexias de xestión  transnacional que permitan mitigar e corrixir os efectos negativos das ameazas identificadas, así como evitar a súa expansión cara a outros territorios da UE. O proxecto considera outro hábitat obxectivo: 9230  Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus  robur e Quercus  pyrenaica, que representa a continuidade co tipo de hábitat 91E0*.

 
Proxecto técnico para a mellora dos corredores fluviais na ZEC Parga-Ladra-Támoga  05/2018
 
Descargas
Voltar