Pablo - No Visible

Bioxeografía Pleistocena-Holocena


Ramil-Rego, P., Fernández Rodríguez, C. & Rodríguez Guitián, M. (Coord.). (1996). Biogeografía Pleistocena - Holocena de la Península Ibérica. Xunta de Galicia. Conselleria de Cultura. Santiago de Compostela. p 370.


Conmemorando o 50 aniversario da publicación de F. Bellot e o 30 da edición da obra de H. Nonn e dentro do marco da celebración do 500 aniversario da fundación da Universidade de Santiago de Compostela, recóllense neste libro unha serie de traballos sobre a dinámica climática, vexetación, fauna, ecoloxía, etc. en distintas rexións da Península Ibérica e Illas Canarias ao longo do Pleistoceno Superior e Holoceno.

Os artigos distribúense en tres seccións xenéricas de acordo cos seus contidos, "Dinámica climática e ambiental", "Reconstrucións paleoambientais" e Arqueometría: a influencia humana sobre o medio".

A lectura deste libro permitirá obter unha visión actual das diferentes liñas de investigación paleoecolóxica da Península Ibérica, ademais dos últimos avances nesta ampla e antiga disciplina.


Autores: Ramil-Rego, P., Fernández Rodríguez, C. & Rodríguez Guitián, M.
Titulo: Biogeografía Pleistocena - Holocena de la Península Ibérica.
Ano: 1996.


Edita: Consellería de Cultura.


Depósito Legal: C-465/96.
ISBN: 84-453-1717-4
 Bioxeografía Pleistocena-Holocena
 
Descargas
  • Bioxeografía Pleistocena - Holocena da Península Ibérica
    Ramil-Rego, P.; Fernández Rodríguez, C. & Rodríguez Guitián, M. (Coord.). (1996)
Voltar