Banco de Datos

Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo



Blanco Ballón, J.M., Crecente Maseda, R. & Vales Vázquez, C. (Coord) (2012). Propuesta de Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos. Documento técnico presentado ante la UNESCO (Paris). p 266.
 

 
A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é a sexta Reserva de Biosfera galega, sendo a primeira declarada na provincia da Coruña. Inclúe unha superficie total de 116.724,3 ha, das que 2.754,7 son mariñas e 113.969,6 son terrestres. Deste xeito, Galicia pasa a contar cunha superficie terrestre de 723.569 ha incluidas en Reservas de Biosfera, de xeito que unha cuarta parte (24,4%) do territorio continental da Comunidade Autónoma se inclúe nesta figura de Áreas Protexidas por Instrumentos Internacionais.

O territorio comprendido na Reserva proposta abrangue niveis altitudinais que van dende o nivel do mar, na zona costeira co Océano Atlántico no Arco Ártabro, ao Norte da Reserva, ata os case 800 m de altitude que se alcanzan nas estribacións montañosas ao Sueste desta, nos municipios de Aranga, Curtis e Sobrado. Non obstante, a pesar do amplo intervalo altitudinal, o territorio proposto posúe unha marcada condición sublitoral, fundamentado no feito de que máis da metade da superficie proposta se encontra situada por debaixo de 300 m de cota, a cal é ademais a altitude media da Reserva.

Para a elaboración do documento de candidatura levouse un exhaustivo procedemento de traballo durante tres anos, que serviu para fortalecer a participación dos distintos axentes locais. Leváronse a cabo xornadas de sensibilización e difusión, reunións cos diferentes axentes e partes implicadas, intercambios de experiencias con outras Reservas de Biosfera, actos de difusión ao público en xeral, difusión a través da web e redes sociais, asistencias técnicas para a dinamización da candidatura, difusión aos medios, así como reunións dos órganos da propia Asociación, incluíndo a constitución dunha Comisión de seguimento da propia candidatura. A candidatura contou con numerosos apoios e asesoramentos recibidos polas administracións locais, provinciais, autonómicas e estatais, universidades e centros de investigación, tecido social, cultural e empresarial
.

Autores:
Blanco Ballón, J.M., Crecente Maseda, R. & Vales Vázquez, C.
Titulo: Propuesta de Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Ano: 2012.
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
Descargas
  • Memoria
  • Anexo I: Cartografía
  • Anexo II: Participación
  • Anexo III: Firmas
  • Anexo IV: Documentos jurídicos
  • Anexo V: Planes de Uso y Ordenación
  • Anexo VI: Bibliografía
  • Anexo VII: Anexo al formulario
Voltar