Pablo - No Visible

PORN - Ancares (2008)


Ramil-Rego, P. & Rigueiro Rodríguez, A. (2008). Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural dos Ancares. Documento Técnico. Consellería de Medio Ambiente. Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Santiago de Compostela. p 205.


Os valores naturais da Serra dos Ancares veñen sendo gabados de xeito secular. O Licenciado Molina, alá polo ano 1550, xa comenta que estes montes son unha área notable de Galicia posto que constitúen o nacemento de varios ríos senlleiros. Nesta mesma tendencia saliéntanse con posterioridade as virtudes desta serra tamén por outros autores, entre os que cabe citar a Guillermo Schulz (1805-1877), que queda abraiado da magnitude desta serra no momento de culminala. Outros autores que tamén suliñan as marabillas dos Ancares son o naturalista galego Víctor López Seoane (1832-1900) ou o ínclito botánico Padre Baltasar Merino (1845-1917), o cal indicaba emocionado ao seu paso polos Ancares a maxestuosidade e beleza desta singular serra.

O Plan de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN) formúlase para servir como documento de xestión e planificación do Parque Natural dos Ancares, o cal inclúe unha superficie de 25.924 ha, repartidas entre os municipios de Navia de Suarna e Cervantes, ambos os dous da provincia de Lugo. Deste xeito, a totalidade de ambos concellos constitúe a área de influencia socioeconómica.


Autores:
Rodriguez Guitián, M.A.; Crecente Maseda, R; Rubinos Román, M; Ferreiro da Costa, J; Hinojo Sánchez B.A.; Sinde Váquez, M; de Novoa Fernández, B; González Pérez, E; Díaz Varela R.A.
Titulo: Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural dos Ancares.
Ano: 2008.
PORN - Ancares (2008)
 
Voltar