Pablo - No Visible

PORN - PN Baixa Limia-Serra do Xurés (2008)


Ramil-Rego, P. et al. (2008). Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural da Baixa Limia - Serra do Xurés. Documento Técnico. Consellería de Medio Ambiente. Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Santiago de Compostela. p 185.


A finalidade do plan de ordenación dos recursos naturais é a de establecer un modelo de xestión que contribúa a alcanzar os obxectivos de conservación e ordenación do Parque Natural da Baixa Limia – Serra do Xurés de acordo cos criterios establecidos nas normativas que rexen a xestión dos Espazos Naturais e da Biodiversidade, a nivel comunitario, nacional e autonómica.
 
Os principais compoñentes bióticos deste espazo natural están claramente relacionados cos territorios atlánticos e centroeuropeos, ademáis de contar con unha importante penetración de elementos florísticos e faunísticos de tendencia mediterránea, principalmente a través das áreas meridionais, supón a presenza de especies e comunidades vexetais e animais cuxa representación en Galicia é practicamente exclusiva, o que supón un alto valor dende o punto de vista da súa significación no relativo á conservación da biodiversidade existente no ámbito de Galicia.

A actividade humana, presumiblemente desenvolvida neste territorio de xeito ininterrompido a partir de hai uns 4.000 anos, foi modelando unha paisaxe en mosaico no que destacan hoxe en día as grandes superficies ocupadas polas matogueiras, medios rochosos e os bosques. Dende o punto de vista ecolóxico, son precisamente a extensión e estado de conservación das matogueiras e rochedos, un dos valores que máis contribuíu á consideración deste espazo como unha das áreas de maior interese dentro do contexto galego e, mesmo, noroccidental ibérico, dende hai practicamente un século.


Autores: Ramil-Rego, P; Rubinos Román, M; Ferreiro da Costa, J; Hinojo Sánchez, B.A.; Sinde Vázquez, M; de Novoa Fernández, B; Diaz Varela, R.A.
Titulo:
Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural da Baixa Limia - Serra do Xurés.
Ano: 2008.


Edita: Ibader.
PORN - PN Baixa Limia-Serra do Xurés (2008)
 
Voltar