Pablo - No Visible

PORN-POMF do Parque Natural Corrubedo


Ramil-Rego, P., Credente Maseda, R., Rodríguez Guitián, M.A., Ferreiro da Costa, J., Gómez-Orellana, L., Sínde Vazquez, M. (2008). Plan de Ordenación dos Recursos Naturais e Plan do Medio Físico do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán. Memoria Técnica. Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Consellería de Medio Ambiente (Xunta de Galicia) & Laboratorio de Botánica e Bioxeografía (Universidade de Santiago). Lugo. p 374.


Ao longo da segunda metade do século XX elabóranse diversas propostas técnicas orientadas á delimitación, tanto no territorio español como no galego, dos espazos susceptibles de posuír un estatus legal que propicie a conservación dos recursos naturais. En todas elas, os espazos litorais posúen unha especial importancia, e entre os cales aparecen as dunas e humidais de Corrubedo como un dos máis salientables de Galicia e incluso do Estado Español.

A proba da relevancia de ditos valores constitúea a inclusión deste espazo en decembro de 1989, por parte do Estado Español, na Lista de Humidais de Importancia Internacional do Convenio de Ramsar (asinado en 1971 e ratificado por España en 1982). Deste xeito, quedaba incluído en dito listado o Complexo das praias, duna e lagoas de Corrubedo, de 982 ha de superficie.

O Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán posúe máis da metade dos seus territorios no ámbito terrestre, contando con máis de 2.000 ha no mesmo, o cal representa case o 56 % deste espazo. A maior parte desta superficie inclúese no concello de Ribeira,con un total de 1.283 ha (case un 35% do Parque Natural), mentras que en Porto do Son se atoparían no Parque Natural unhas 800 ha (case un 22% do mesmo). No tocante á superficie mariña deste espazo protexido, as 1.626,2 ha abranguidas por medios mariños supoñen o 44% do mesmo.

O Plan de Ordenación dos Recursos Naturais e do Medio Físico, redactarase en conformidade co artigo 6.1 da DC 92/43/CEE, articulando mediante un instrumento legal de planificación, as medidas de conservación e administrativas necesarias en resposta ás esixencias ecolóxicas dos tipos de hábitats de interese comunitario e das especies de interese comunitario
.


Autores: Ramil-Rego, P., Credente Maseda, R., Rodríguez Guitián, M.A., Ferreiro da Costa, J., Gómez-Orellana, L., Sínde Vazquez, M.
Titulo:
Plan de Ordenación dos Recursos Naturais e Plan do Medio Físico do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
Ano: 2008.



 
PORN-POMF do Parque Natural Corrubedo
 
Voltar