Pablo - No Visible

HIC: Galicia. Descrición e valoración territorial

Ramil-Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A., Hinojo Sánchez, B.A., Rodríguez González, P.M., Ferreiro da Costa, J., Rubinos Román, M., Gómez-Orellana, L., de Nóvoa Fernández, B., Díaz Varela, R.A., Martínez Sánchez, S. & Cillero Castro, C. (2008). Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Descrición e Valoración Territorial. Monografías do IBADER - Serie Biodiversidade. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. p 189.
 
No procedemento de configuración e implementación da Rede Natura 2000, a información ambiental, referida aos tipos de hábitats e especies incluídas nos anexos da DC 92/43/CEE, convértese nun elemento esencial no deseño, xestión e seguimento das áreas protexidas e da propia rede. Non obstante, en moitas áreas xeográficas, a información existente é escasa, ou presenta deficiencias en canto á xeorreferenciación dos seus compoñentes. Esta situación vese agravada no caso dos hábitats, cando se trata de protexer elementos que ata o momento tiveran un escaso interese entre as políticas nacionais de conservación, ou mesmo de hábitats cuxa análise e distribución non foran obxecto de estudios científicos en grandes áreas territoriais.
 
O presente traballo formulouse co obxectivo, de efectuar unha primeira avaliación da diversidade dos tipos de hábitat do Anexo I da DC 92/43/CEE presentes en Galicia, contextualizándoo con outras áreas da Península Ibérica e da propia Unión Europea.

Adicado ao ilustre botánico Baltasar Merino y Román (1845,1917), no centenario da publicación da Flora ilustrada e Descritiva de Galicia (1905-1909)
.


Autores: Ramil-Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A., Hinojo Sánchez, B.A., Rodríguez González, P.M., Ferreiro da Costa, J., Rubinos Román, M., Gómez-Orellana, L., de Nóvoa Fernández, B., Díaz Varela, R.A., Martínez Sánchez, S. & Cillero Castro, C.
Titulo:
Os hábitats de interese comunitario en Galicia. Descrición e valoración territorial.
Ano: 2008.

 
Edita: IBADER. Instituto de de Biodiversidade Agraria eDesenvolvemento Rural. Universidade de Santiago de Compostela, Campus Universitario s/n. E-27002 Lugo, Galicia.
http://www.ibader.org

ISSN edición impresa:
1888-5810
ISSN edición dixital: 1988-8341

Depósito Legal: C 173-2008
Copyright: Instituto de Biodiversidade Agraria e
Desenvolvemento Rural (IBADER).

 
HIC: Galicia. Descrición e valoración territorial
 
Descargas
Voltar