Banco de Datos

A Lagoa de Cospeito


Ramil-Rego, P. & Domínguez Conde, J. (Coord.). (2006). A Lagoa de Cospeito. Historia e vida dun humidal chairego. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela. p 128.

A consideración e protección legal da que hoxe gozan os humidais viviu outrora períodos escuros nos que se fomentou a súa desecación e destrución. Esta clase de actuacións supuxo a perda, a mediados do pasado século XX, de dous dos máis importantes humidais interiores, as Lagoas de Antela e de Cospeito.

Co paso dos anos, e grazas ás actuacións promovidas por parte da Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, o humidal da Lagoa de Cospeito recuperou, en grande medida, a súa naturalidade e riqueza. Os traballos de seguemento limnolóxico, botánico e zoolóxico que se están a desenvolver nesta lagoa desde que se iniciase a súa restauración, actúan no presente como referente para o desenvolvemento de propostas de mellora na xestión dos humidais galegos e doutros territorios limítrofes, así como para a formulación de novas actuacións de restauración e aproveitamento sostible dos seus recursos.

Este libro concíbese coa vocación de achegar á cidadanía a historia e vida do humidal de Cospeito, aproximándose aos compoñentes máis sobresaíntes da súa biodiversidade, aos usos e actividades que o ser humano desenvolveu, ás labores de conservación e xestión que nela se levan a cabo. Estou certo que todo elo redundará na mellora da conservación dos seus compoñentes bióticos, hidrolóxicos e culturais, así como na promoción do uso racional deste ben natural, patrimonio de Galicia. 

Autores: Ramil Rego, P; Dominguez Conde, J; Vidal Mande, M; Rubinos Román, M; Cillero Castro, C; Romero Buján, I; Rodriguez Guitián, M.A.; Gómez Orellana-Rodriguez, L; Muñoz Sobrino, C.
Titulo: A lagoa de Cospeito.
Ano: 2006.

Edita: Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

ISBN: 978-84-453-4370-8
A Lagoa de Cospeito
 
Descargas
  • Documento PDF
Voltar