Ramil-Rego, P., Gómez-Orellana, L. (Eds.) (2019). Xardinería e Paisaxismo en Galicia: Recursos e novos enfoques. Monografías do IBADER, Serie Biodiversidade. IBADER: Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Galicia ten unhas condicións ambientais moi propicias para poder levar a cabo distintos modelos de xardinería, como comprobaron os naturalistas, botánicos e xardineiros do século XIX, aquí crece, sen proporcionarlle moitos coidados, flora que noutros territorios peninsulares ou europeos esixen dunha atención continua, preservándoas do frío ou da seca. Mostra diso, témola nos históricos xardíns dos pazos señoriais, así como de casas máis humildes que se distribúen por toda Galicia. Xardíns e xardineiros entrelazados cunha sociedade que nos seus pequenos hortos ou nos peitorís, adornan e dan colorido e aromas. Xardíns promiscuos onde o produtivo combínase co ornamental, o simbólico e o medicinal. Xardíns tamén de recordos, de conmemoracións, da esencia e da historia de Galicia e da galeguidade. Xardíns nos que os nenos realizan os seus primeiros xogos, e onde os avós, xúntanse para lembrar antigas vivencias. Xardíns vivos que seguen sendo unha parte fundamental na consolidación das relacións sociais, nun mundo cada vez máis urbano, máis afastado do natural e do rural.
A xardinería no século XXI apóiase cada vez máis nas ciencias, nas tecnoloxías e na análise do comportamento social, buscando o equilibro entre a necesidade de manter os seus valores históricos e tradicionais e incorporar novos avances para unha xestión máis racional e sustentable, alén de tratar de cubrir novas modalidades de integración entre o xardín e as persoas, nunha sociedade cada vez máis preocupada por protexer e conservar o seu patrimonio natural e cultural.
As distintas contribucións que forman esta Monografía, achegan dende distintasperspectivas, unha visión integral sobre a xardinería e os xardíns en Galicia, derivada do coñecemento e a dilatada experiencia dos seus autores neste eido, que non defraudará aos lectores, e esperemos que poida contribuír a que entre todos poidamos asegurar a conservación dos nosos xardíns históricos e contribuamos a mellorar as desnaturalizadas áreas axardinadas do país galego.
Autores: Ramil-Rego, P., Gómez-Orellana, L. (Eds.)
Título: Xardinería e Paisaxismo en Galicia: Recursos e novos enfoques.
Titulo: Xardinería e Paisaxismo en Galicia: Recursos e novos enfoques.
Ano: 2019.
Edita: IBADER. Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural. Universidade de Santiago de Compostela, Campus Universitario s/n. E-27002 Lugo, Galicia.
ISSN edición dixital: 1988-8341
Depósito Legal: C 173-2008
Copyright: IBADER