Seminario eminentemente práctico e con enfoque multidisciplinar, no que se abordan os diferentes aspectos relacionados coa recuperación e conservación de poboacións de grandes carnívoros cando chegan a zonas de expansión nas que estaban ausentes desde moito tempo antes. Analízase en particular o caso da expansión nos últimos anos do oso pardo cantábrico cara á Serra do Courel como consecuencia do crecemento continuado da poboación, e os retos de conservación que esta chegada ocasiona, así como as técnicas e actuacións que se están poñendo en práctica.
O seminario se dirixe preferentemente aos habitantes das serras orientais lucenses, e galegas en xeral; profesorado de universidade, ensino primario e medio, bacharelato e formación profesional; estudantes e titulados universitarios e doutros niveis preuniversitarios; profesionais relacionados coa conservación da natureza; técnicos de empresas e das administracións; cidadáns preocupados pola conservación do medio natural; público interesado en xeral.
Data e lugar: 4, 5 e 6 de setembro de 2019. Estación Científica do Courel (Seoane do Courel).
Información e matrícula por internet: 982821517 margarita.vilela@usc.es www.usc.es/campusterra/gl/curso-oso-pardo
Inscrición: A matrícula poderá formalizarse a través de internet ou de maneira presencial. O prazo de matrícula comeza o día 1 de xullo e remata o día 29 de xullo. O importe da matrícula ordinaria é de 70€ e a reducida 40€.
Matrícula reducida para estudantes de calquera universidade, bacharelato e FP, pensionistas, desempregados, persoal da USC, persoas pertencentes á Asociación de Antigos Alumnos da USC. A Fundación Oso Pardo subvenciona as matrículas dos habitantes da Serra do Courel (concellos de Folgoso do Courel, Quiroga, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos e O Incio) os cales terán matrícula gratuíta; ao matricularse presentarán fotocopia de DNI como xustificante da residencia neses concellos.