Bio-Bliz: Courel, I (2018)

Bio-Bliz: Courel, I (2018)
ECC/2018/06
Bio-Bliz

 
BioBliz - Courel
 
O termo “BioBlitz” utilízase por primeira vez en 1996, sendo acuñado por Susan Rudy durante a celebración do primeiro evento destas características organizado polo Servizo Nacional de Parques de Estados Unidos, tratando de destacar a idea dunha acción moi rápida e intensa (“Blitz” significa lóstrego en alemán), comparada cos estudos tradicionais de biodiversidade.

Un BioBlitz basicamente é unha prospección intensiva de biodiversidade nunha área determinada, na que participan tanto naturalistas profesionais como afeccionados. Trátase dunha excelente maneira de xerar datos útiles para a ciencia e a conservación involucrando á cidadanía para conectarse coa natureza, o seu coñecemento e respecto a través dunha actividade de ciencia cidadá amena e divertida.

Con este espírito organizase o “BioBlitz Ancares-Courel, edición Courel durante 24 horas consecutivas dos días e noite do 16 e 17 de xuño, en varios espazos representativos da serra do Courel, dentro do municipio de Folgoso do Courel (Lugo), coa Estación Científica do Courel (ECC) como centro de recepción, traballo e xestión, e coa participación de máis de 30 asistentes de toda Galicia.

Organiza:

Estación Científica do Courel e Escola Politécnica Superior de Enxeñeria.

Colaboran:

Area de Turismo da Deputación de Lugo, Concello de Folgoso do Courel, Asociación para Desenvolvemento Rural Serra do Courel, Asociación Galega de Custodia do Territorio, Sociedade Micolóxica Lucus, Area de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, e a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses.


Inscricións:

A través do correo electrónico: proxecto.micoloxia@usc.es, ou no teléfono 982823137 (en horario de 8’30 a 14’30, dende o 7 de maio o 13 de xuño) Indicar nome, apelidos, DNI, teléfono e e-mail de contacto. Organizacións e asociacións poden realizar inscricións conxuntas dos membros asistentes.

Público a quen vai dirixido:

Naturalistas tanto profesionales como aficionados; público interesado en xeral.

Voltar