Bio-Bliz Courel, II (2019)

Bio-Bliz Courel, II (2019)
ECC/2019/06/
Bio-Bliz

 
BioBliz - Courel
(2)

 O termo “BioBlitz” utilízase por primeira vez en 1996, sendo acuñado por Susan Rudy durante a celebración do primeiro evento destas características organizado polo Servizo Nacional de Parques de Estados Unidos, tratando de destacar a idea dunha acción moi rápida e intensa (“Blitz” significa lóstrego en alemán), comparada cos estudos tradicionais de biodiversidade.

Un BioBlitz basicamente é unha prospección intensiva de biodiversidade nunha área determinada, na que participan tanto naturalistas profesionais como afeccionados. Trátase dunha excelente maneira de xerar datos útiles para a ciencia e a conservación involucrando á cidadanía para conectarse coa natureza, o seu coñecemento e respecto a través dunha actividade de ciencia cidadá amena e divertida.

 

Datas e lugar: 15 e 16 de xuño 2019. Estación Científica do Courel en Seoane do Courel.

O II Bioblitz Courel complementará a primeira edición de 2018, levando a cabo durante 24 horas un inventario biolóxico intensivo co fin de obter o maior número de identificacións e citas da flora, fauna e micobiota en varios espazos representativos dalgúns dos hábitats emblemáticos deste territorio excepcional.

Un Bioblitz é unha prospección intensiva de biodiversidade nunha área determinada, na que participan tanto naturalistas profesionais como afeccionados, asesorados por expertos de campo. Un Bioblitz é unha excelente maneira de xerar datos útiles para a ciencia e a conservación involucrando á cidadanía para conectarse coa natureza, o seu coñecemento e respecto a través dunha actividade amena e divertida.


Inscrición GRATUITA:
A través do correo electrónico: proxecto.micoloxia@usc.es, ou no teléfono 982823137 (en horario de 8’30 a 14’30, ata o 13 de xuño) Indicar nome, apelidos, DNI, teléfono e e-mail de contacto. As prazas serán limitadas por motivos de operatividade e sustentabilidade dos espazos estudados.

Público a quen vai dirixido:
Naturalistas tanto profesionales como afeccionados; público interesado en xeral.

Voltar