Mesa redonda: Elba, unha pastora galega (2018)

Mesa redonda: Elba, unha pastora galega (2018)
ECC/2018/11/10
Mesa redonda



Mesa redonda:

Elba, unha pastora galega do Courel-Ancares, hai 10.000 anos

O sábado 10 de novembro, o equipo  de investigación ao completo, presentará aos conciudadanos de Elba, 9300 anos despois da súa desaparición, a reconstrución do drama do último día da vida desta habitante de Courel-Ancares.

Data e lugar:
Estación Científica do Courel. 10 de novembro, 10:30.

Información:

 

'Elba, unha pastora galega do Courel-Ancares, hai 10000 anos' é o título da mesa redonda que acollerá a Estación Científica do Courel o vindeiro 10 de novembro ás 10.30h e na que intervirán o forense Fernando Serrulla Rech, a artista forense Margarita Sani?n, o espeléologo Marcos Vaqueiro Rodri?guez, a especialista en ADN e Bioloxía Molecular Gloria Gonza?lez Fortes, a paleontóloga Aurora Grandal d'Anglade, e o xeólogo Juan Ramo?n Vidal Romani?.

O Instituto Universitario de Xeoloxía leva máis de 30 anos estudando o rexistro fósil do final do Cuaternario en Galicia. Non foi até decembro de 1997 durante unha exploración espeleolóxica, cando se produciu o achado casual dos primeiros restos de humanos fósiles na zona de Courel-Ancares. O nome que se deu a este descubrimento, Elba, significa en celta 'a que vén da alta montaña'. A investigación finalizou en 2016 e foi un proceso longo e custoso, implicando a varias institucións galegas e a sete especialistas.


A Estación Cientiífica de Seoane do Courel presenta o vindeiro 10 de novembro, ante os veciños de Elba, ao equipo que traballou nesta investigación, 9300 anos despois da desaparición desta habitante da zona de Courel-Ancares.

Voltar