ECC/2020/11
Xornada
Xornada: Etnografía do Courel, II
Usos, costumes e cousas do Courel
Xornada: Etnografía do Courel, II
Conferencia:
Usos, costumes e cousas do Courel
Relator:
Jesús Afonso Parada Jato.
Informacion:
O poñente e autor do libro: Usos, costumes e cousas do Caurel (Toxosoutos, 2007. ISBN: 978-84-19763-20-4) no que expón os resultados da súa investigación antropolóxica sobre o termo municipal do Courel, os seus costumes e todo aquilo que teña relevancia cultural. O autor trata de analiza-las cousas no contexto no cal se produciron e amosa-la evolución histórica ata o día de hoxe.
Algunhas cousas poden parecer estrañas e outras moi cotiás pero todas elas forman parte da rica e variada cultura deste concello. Algo por outra parte que non debería quedar esquecido. Para a realización deste traballo o autor inspirouse en diversos documentos escritos, publicacións anteriores, entrevistas ás xentes do lugar e nos coñecementos da zona que posuía. Esta obra vén sendo tamén, un tributo a tantos devanceiros que viviran neste concello. Moita xente anónima que traballou arreo para manter e transmitir os saberes tradicionais ás novas xeracións. O moderno non quita o antigo senón que se constrúe sobre del como unha evolución necesaria. A nosa historia e os nosos costumes forman parte de nós mesmos e non deberían deixarse morre
Lugar e data
Estación Científica do Courel.
Data: 23/11/2020
Horario: 10:00h a 11:00 h
Inscrición
INSCRICIÓN GRATUITA ata o día 20 de novembro, cubrindo o seguinte:
FORMULARIO DE INSCRICIÓN: Pique aquí
Información enviando un correo electrónico a antonio.rigueiro@usc.es ou chamando ao 600942418