ECC/2022/12
Xornada
Xornada
As actividades agrogandeiras fronte aos incendios
na montaña
Data e hora:
17/12/2022, de 09:00-19:30 h.
Lugar:
Estación Científica do Courel
Organiza:
ECC & Sociedad Galega de Pastos e Forraxes.
Contido:
A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) organiza o próximo 17 de decembro, sábado, unha xornada sobre “As actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña”. A cita terá lugar na Estación Científica do Courel, a comarca galega máis afectada polos incendios forestais deste ano. O programa da xornada combina as experiencias de explotacións agrogandeiras da zona con relatorios de persoal técnico. Será tamén o primeiro acto oficial da nova presidenta da SGPF, a gandeira Isabelle Gómez, da gandería Traloagro (Friol-Lugo). As inscricións poden realizarse a través dos teléfonos 686 620 154 ou 628 713 263