Banco de Datos

Banco de Datos


O “Banco de Datos do IBADER”, ten como obxectivo facilitar información de carácter bibliográfico no marco de actividades educativas e de investigación científico-técnica, en ambos os casos sen finalidade lucrativa.

O Banco de Datos do IBADER inclúe varias seccións, dúas delas, Repositorio Dixital e a Base de Datos albergan referencias bibliográficas referidas ao medio ambiente, ao medio rural e aos antroposistemas, con especial atención ao ámbito territorial de Galicia.

A elaboración e configuración de Banco de Datos do IBADER realízase cumprindo a normativa sobre difusión da información ambiental e a normativa que regula a protección da propiedade intelectual e os dereitos de autor. Alentando aos posibles usuarios a realizar un uso prudente sobre a información e contida no mesmo, cumprimento en todo momento estes mesmos principios e os termos e condicións que a continuación se expoñen.

Aquelas persoas ou entidades que consideren necesario a retirada dun documento dixital incluído non Banco de Datos do IBADER, por vulneración dos dereitos de autor ou das súas condicións de explotación, pode poñerse en contacto cos os responsables da web do IBADER a través de correo electrónico info@ibader.gal, para que a súa solicitude sexa debidamente atendida.