Os estudos paleoecolóxicos revelan que o clima da Terra estivo suxeito ao longo da historia a cambios continuos que marcaron a súa configuración e condicionaron a evolución dos seres vivos. Pero esta dinámica natural pode e é afectada pola acción humana repercutindo de forma negativa sobre a saúde e a vida das persoas, o medio ambiente, o desenvolvemento económico e social e o aproveitamento dos recursos naturais.
En 1979, celebrouse a primeira Conferencia Mundial sobre o Clima na que se identificou ao cambio climático como un problema global urxente e xa entón fíxose un chamamento aos gobernos para facer fronte a este reto. Desde entón, realizáronse distintas conferencias e acordos internacionais co obxecto de incrementar o coñecemento do sistema climático e as súas interaccións sobre a saúde das persoas, o medio ambiente e o desenvolvemento sostible, evitando ou reducindo os danos presentes e futuros e contribuír a construír unha economía e unha sociedade máis resilientes.
1.- Marco Internacional relativo al Cambio Climático
1.1.- United Nations Framework Convention on Climate Change
Auspiciada por Nacións Unidas celebrouse en Río de Janeiro o Cume da Terra na que se puxo á firma a Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático, CMNUCC (xxxxx), poñéndose á firma o tratado o 4/06/1992 e entrando en vigor o 21/03/1994.
O obxectivo da Convención é a “estabilización das concentracións de gases de efecto invernadoiro na atmosfera a un nivel que impida interferencias antropóxenas (causadas polo home) perigosas no sistema climático”. Este nivel debería lograrse nun prazo suficiente para permitir que os ecosistemas se adapten naturalmente ao cambio climático, asegurar que a produción de alimentos non se vexa ameazada e permitir que o desenvolvemento económico prosiga de maneira sostible.
A Convención non establece un límite ás emisións antropoxénicas para non superar este obxectivo nin indica o nivel máximo a partir do cal se causa unha interferencia co sistema climático causada polo home. A Convención tampouco proporciona unha lista dos gases de efecto invernadoiro (GEI) que deben ser regulados (reguláronse a través do Protocolo de Kioto). Só refírese ao dióxido de carbono (CO2), que é o principal gas de efecto invernadoiro, e a “outros gases non controlados polo Protocolo de Montreal (Montreal Protocol on Substances that Deplete the Ozone Layer [UN-TC1989]). Aínda que a Convención non inclúe un obxectivo global de redución ou limitación de emisións de GEI, si proporciona un primeiro obxectivo cuantificado ao pedir aos países desenvolvidos que leven as súas emisións, de maneira individual ou conxunta, aos niveis de 1990.
1.2.- Protocolo de Kioto (2005-2020).
Na primeira reunión da Conferencia das Partes da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP1), constatouse que os obxectivos da Convención eran insuficientes. En 1995 aprobouse un mandato para elaborar un protocolo complementario que foi finalmente configurado baixo a denominación de Protocolo de Kioto.
En 1997 durante a celebración na cidade de Kioto (Xapón) da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático, púxose á firma o Protocolo de Kioto (11/12/1997), entrando en vigor o 6/02/2005. O seu principal obxectivo é combater o quecemento global mediante a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro nos países desenvolvidos. Para que o Protocolo puidese entrar en vigor necesitábase a ratificación, aprobación ou admisión de polo menos 55 países. Ademais, a condición era que estes países sumasen polo menos o 55% das emisións dos países ricos. Destes, só se adheriron os integrantes na Unión Europea, Rusia e Xapón, mentres China, Australia, India e Estados Unidos rexeitaron o acordo.
No primeiro período fixado no Protocolo (2008-2012), os países industrializados e as economías en transición reduciron polo menos un 5,2% as emisións contaminantes tomando como referencia os niveis alcanzados en 1990. Para a Unión Europea a redución foi do 8%.
O segundo e último período do Protocolo de Kioto comezaría en 2013, coa emenda de Doha, e duraría ata 2020. Nesta segunda parte, os países comprometéronse a unha redución de polo menos un 18% das emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) tomando como referencia de novo 1990. Esta prórroga non foi asinada por varios dos países que asinaran o texto inicial (Rusia, Canadá) e á mesma tampouco se sumaron países industrializados que non asinaran o Protocolo de Kioto.
1.3.- Acordo de París.
A reducida aceptación do Protocolo de Kioto conduciu á súa reformulación. No ano 2015 celébrase en París (Francia), a COP21 do Cume do Clima. Nela fraguouse un novo pacto sobre o clima que substituirá ao Protocolo de Kioto que expiraba en 2020. Este novo documento designado como “Acordo de Paris”. O texto do novo acordo púxose á firma o 12/12/2015, entrando en vigor 04/11/2016.
O Protocolo de París inclúe o obxectivo de manter os niveis de quecemento global moi por baixo dos 2 graos centígrados, coa intención de chegar a unha limitación de 1,5 graos centígrados. Dado que o Protocolo de Kioto establecía obxectivos de redución unicamente aplicable para os países desenvolvidos, considerouse a necesidade de aplicar estes de forma global. Iso levo á negociación e finalmente elaboración do Acordo de Paris, onde se expón a loita contra o cambio global para todos os países do planeta, e na que as partes teñen obrigacións diferentes de acordo con as súas respectivas capacidades.