Banco de Datos

Especies Ameazadas



Especies Ameazadas

Especie (subespecie) ameazada: refírese ás especies (subsespecies) cuxa supervivencia é pouco probable se os factores causales da súa actual situación (factores de ameaza) seguen actuando ou as especies (subsespecies) cuxas poboacións corren o risco de atoparse nunha situación de supervivencia pouco probable nun futuro inmediato se os factores adversos que actúan sobre elas non son corrixidos.

1.- Categorías de Ameazas da IUCN
 
Entre 1963-1983 realízanse as primeiras avaliacións sobre o estado de conservación das especies, incluíndo as categorías e criterios adoptados nas listas vermellas da IUCN a nivel global. En 1984 procédese a revisar as categorías e criterios empregados, traballos que culminan en 1991 coa publicación dun novo sistema de categorías (Versión 1.0). En 1992 publicouse unha nova versión (Versión 2.0) que incluídas as categorías para especies ameazadas e non ameazadas. En 1993 publícase a versión 2.3 se reformulan e aclaran as categorías e os criterios.

E en 1994 publícase a versión 2.2 onde se reformulan as categorías e engádense cambios menores, para a finais do mesmo ano publicarse a versión 2.3 que incluía un sistema estandarizado de categorías. No ano 1999 publícase a versión 3.0, e posteriormente en 2001 adóptase a versión 3.1 que integra un sistema de 7 categorías, 2 para especies extintas (EX, EW), tres para especies ameazadas (CR, EN, VU) e 2 para especies non ameazadas (NT, LC). A maiores se contemplan outras dos categorias: Non avalidado (NE). Datos insuficientes (DD).

Todos os taxons clasificados como En Perigo Crítico cumpren os requisitos de En Perigo e Vulnerable, e todos aqueles clasificados como En Perigo cumpren igualmente os requisitos de Vulnerable (IUCN, 2001; 2012).
 
 

De acuerdo a los criterios de Lista Roja de la UICN, la información de una especie evaluada se considera desactualizada una vez han pasado 10 años desde su publicación y no ha sido reevaluada posteriormente.

Non Avaliado [NE]
Un taxon considérase Non Avaliado cando aínda non foi clasificado en relación a estes criterios (IUCN, 2001; 2012).
 
Datos Insuficientes [DD]
Un taxon inclúese na categoría de Datos Insuficientes cando non hai información adecuada para facer unha avaliación, directa ou indirecta, do seu risco de extinción baseándose na distribución e/o condición da poboación. Un taxon nesta categoría pode estar ben estudado, e a súa bioloxía ser ben coñecida, pero carecer dos datos apropiados sobre a súa abundancia e/o distribución. Datos Insuficientes non é por tanto unha categoría de ameaza. Ao incluír un taxon nesta categoría indícase que se require máis información e recoñécese a posibilidade de que investigacións futuras demostren apropiada unha clasificación de ameazada. É importante facer un uso efectivo de calquera información dispoñible. En moitos casos haberá que ter moito coidado en elixir entre Datos Insuficientes e unha condición de ameaza. Se se sospeita que a distribución dun taxon está relativamente circunscrita, e se transcorreu un período considerable de tempo desde o último rexistro do taxon, a condición de ameazado pode estar ben xustificada  (IUCN, 2001; 2012).
 
Preocupación Menor [LC]
Un taxon considérase de Preocupación Menor cando, sendo avaliado, non cumpre ningún dos criterios que definen as categorías de En Perigo Crítico, En Perigo, Vulnerable ou Case Ameazado. Inclúense nesta categoría taxons abundantes e de ampla distribución (IUCN, 2001; 2012).
 
Case Ameazado [NT]
Un taxon está Case Ameazado cando foi avaliado segundo os criterios e non satisfai, actualmente, os criterios para En Perigo Crítico, En Perigo ou Vulnerable, pero está próximo a satisfacer os criterios, ou posiblemente satisfágaos, nun futuro próximo (IUCN, 2001; 2012).
 
Vulnerable [VU]
Un taxon é Vulnerable [VU] cando a mellor evidencia dispoñible indica que cumpre calquera dos criterios “A” a “E” para Vulnerable (véxase Sección V) e, por conseguinte, considérase que se está enfrontando a un risco de extinción alto en estado de vida silvestre (IUCN, 2001; 2012).
 
En Perigo [EN]
Un taxon está En Perigo [EN] cando a mellor evidencia dispoñible indica que cumpre calquera dos criterios “A” a “E” para En Perigo (véxase Sección V) e, por conseguinte, considérase que se está enfrontando a un risco de extinción moi alto en estado de vida silvestre (IUCN, 2001; 2012).

En Perigo Crítico [CR]
Un taxon está En Perigo Crítico [CR] cando a mellor evidencia dispoñible indica que cumpre calquera dos criterios “A” a “E” para En Perigo Crítico (véxase Sección V) e, por conseguinte, considérase que se está enfrontando a un risco de extinción extremadamente alto en estado de vida silvestre (IUCN, 2001; 2012).
 
Extinto en Estado Silvestre [EW]
Un taxon está Extinto en Estado Silvestre cando só sobrevive en cultivo, en catividade ou como poboación (ou poboacións) naturalizadas completamente fóra da súa distribución orixinal. Presúmese que un taxon está Extinto en Estado Silvestre cando a realización de prospeccións exhaustivas dos seus hábitats, coñecidos e/o esperados, nos momentos apropiados (diarios, estacionais, anuais), e ao longo da súa área de distribución histórica, non puido detectar un só individuo. As prospeccións deberán ser realizadas en períodos de tempo apropiados ao ciclo de vida e formas de vida do taxon (IUCN, 2001; 2012).
 
Extinto [EX]
Un taxon está Extinto cando non queda ningunha dúbida razoable de que o último individuo existente morreu. Presúmese que un taxon está Extinto cando a realización de prospeccións exhaustivas dos seus hábitats, coñecidos e/o esperados, nos momentos apropiados (diarios, estacionais, anuais), e ao longo da súa área de distribución histórica, non puido detectar un só individuo. As prospeccións deberán ser realizadas en períodos de tempo apropiados ao ciclo de vida e formas de vida do taxon (IUCN, 2001; 2012).

2.- Listas Vermellas de especies ameazadas da IUCN
 

Na década de 1960 a IUCN (International Union for Conservation of Nature), iniciou a elaboración das primeiras listas de especies ameazadas. As listas e os criterios para a súa configuración sufriron importantes modificacións á longo do tempo, constituíndo na actualidade unha ferramenta básica para a análise, a xestión e a conservación dos distintos compoñentes da biodiversidade.
 
En 1948 a UNESCO celebra no Castelo de Fontainebleu (Francia), unha conferencia internacional sobre a conservación da natureza. Nela proponse a creación dunha entidade internacional que se designa como: Unión Internacional para a Protección da Natureza (International Union for the Protection of Nature). A cal posteriormente modifica a súa denominación en por: Unión Mundial de Conservación, UMC (World Conservation Union, WCU), para finalmente no ano 2008 pasar a designarse: Unión Internacional para a Conservación da Natureza, UICN (International Union for Conservation of Nature, IUCN).
 
A IUCN posúe o status de observador e consultor nas Nacións Unidas (UN) e desempeña un importante papel na implementación de varios convenios internacionais sobre conservación da natureza e a biodiversidade. Participou no establecemento do Fondo Mundial para a Natureza (World Wide Fund for Nature, WWFN) e o Centro Mundial de Vixilancia da Conservación (World Conservation Monitoring Centre, WCMC).
 
Na actualidade, a IUCN é a organización ambiental máis grande do mundo, con máis de mil douscentos membros gobernamentais e non gobernamentais, ademais duns once mil expertos voluntarios en preto de cento sesenta países. Para o seu labor, a IUCN conta co apoio dun persoal composto por máis de mil empregados, repartidos en corenta e cinco oficinas, e centos de asociados dos sectores público, non gobernamental e privado. A sede central da IUCN localízase na cidade de Gland en Suíza (Más información: IUCN-1, IUCN-2).
 
A páxina web da IUCN fornece unha ampla información sobre os compoñentes da biodiversidade e sobre as lisas de especies e espazos ameazados [IUCN]. A Web da IUCN [https://www.iucn.org/] inclúe un repositorio dixital cunha ampla información bibliográfica e numerosas ligazóns: IUCN Library System [IUCN-LS].

Principais enlaces na web da IUCN
  • IUCN Red List Categories and Criteria [IUCN]
  • Guidelines for Using the IUCN Red List Categories and Criteria [IUCN]
  • IUCN Red List of Threatened Species [IUCN]
  • IUCN Library System [IUCN-LS].
  • IUCN – EUROPE [IUCN-EU]
  • IUCN – European Red List [IUCN-EU-Red]
  • IUCN – Barometer ofi Life [IUCN-Barometer]

3.- Red List of Threatened Species
 
O portal “Red Lis of Threataned Species” [https://www.iucnredlist.org/es] mostra o nivel de ameaza, a nivel do Planeta, das especies de flora e fauna. Pulsando sobre o recuadra adxunto enlázase co servidor da IUCN (2025).