Banco de Datos

Especies Raras



Os dicionarios da Academia da lingua castelá e galega, coinciden no momento de definir o termo “raro” / “rara”, aludindo a aquilo que se comporta dun modo inhabitual, ou ben é un elemento ou compoñente; “extraordinario, pouco común ou frecuente”, ou ben, é “escaso na súa clase ou especie”.

En Bioxeografía unha especie (taxón), considérase como común cando presenta unha área de distribución natural extensa, cunha elevada abundancia de individuos. Pola contra, unha especie (taxón) considérase rara, cando a súa área de distribución natural non é extensa e presentada unha reducida poboación.

A ecóloga americana Deborah Rabinowitz September [1947,1987] considerou 3 criterios para caracterizar a rareza (Rabinowitz, 1981, Rabinowitz et al., 1986), considera 3 tipos de rareza:
 
1.- Rareza bioxeográfica, relacionada coa distribución das especies.
2.- Rareza de hábitat, relacionada co grao de restrición (especificidade) do hábitat das especies.
3.- Rareza demográfica, relacionada coa abundancia das especies.

Rabinowitz (Rabinowitz, 1981; Rabinowitz et al. 1986) combinando os tres criterios, considera 8 combinacións posibles, das cales soamente 1 representa a una especie común (extensión xeográfica ampla, especificidade do hábitat elevada e abundancia local elevada) deas 7 combinacións restantes corresponden a distintas formas de rareza.
 


Engadindo un 4 criterio (ocupación do hábitat), obtéñense 16 combinacións, 4 delas so considerada como representativa dunha especie común (“Común”, “Estendida”, “Moi dispersa” e “Localmente Común”). Pola contra 6 combinación corresponderíanse con distintos graos de ameaza (“Ameazada”, “Potencialmente Ameazada”, “Localmente ameazada”).




Enquist et al. (2019) afirman que o 36,5% do total das especies vexetais do planeta son moi raras. Pero non todas as especies raras considéranse ameazadas e tampouco adquiren todas elas un status concreto de protección ambiental, máis aló que o da protección xeral que se outorga aos distintos compoñentes da biodiversidade.
 
Que nunha especie rara teña na actualidade unha área de distribución reducida pode ser consecuencia dun detrimento desta rexistrada en períodos recentes ou antigos. Pero tamén pode corresponder cun estadio inicial de colonización da especie no territorio analizado. Tamén podería tratarse dunha especie extremadamente específica que vive nun hábitat escaso. Por tanto, a análise da rareza debe complementarse con outros datos no momento de asignar un grao de ameaza ou fixar unhas medidas concretas de protección ambiental (análises espaciais e temporais da área de distribución, análises demográficas, valoración das presións e ameazas, información xenética, etc).
 
Factores que condicionan a rareza: hábitats raros ou relictos.
 
Un dos factores que máis condicionan a rareza de especies é a exclusividade dun hábitat determinado e que este sexa escaso nun ámbito territorial rexional ou supra-rexional. A escaseza dun hábitat pode deberse a factores estritamente xeolóxicos e/o climáticos, que determinan a existencia de “hábitats raros”.

Os hábitats relictos (latín relictus) son hábitats raros nos que se manteñen condicións ambientais características de medios que no pasado estiveron mais estendidos no territorio e actualmente atópanse restrinxidos territorialmente. Entre os hábitats relictos identifícanse en Galicia as formacións de grandes fentos que viven en corredores fluviais cubertas de bosques nativos. Fentos que no Neóxeno alcanzarían unha maior distribución territorial, para reducirse no Cuaternario e permanecer en pequenas áreas do espazo sublitoral. Tamén se consideran relictos os hábitats de turbeira, especialmente as Turbeiras de Cobertor, os mananciais petrificantes con formación de tuf (tobas calcarias), as lagoas e medios fluviais con biocenoses de Isoetes, Nitella ou Chara. Así como diferentes tipos de matogueiras (enebrais subalpinos, formacións de Cytisus oromediterraneus, Genista sanabrensis, Echinospartum barnadesii) etc.
 
 Bibliografia
  • Synge, H. (1981). The Biological Aspects of Rare Plant Conservation. Chichester-New York-Brisbane-Toronto: John Wiley & Sons Ltd. 1-558.
  • Rabinowitz, D. (1981). Seven forms of rarity. In: H. Synge (Edit). The Biological Aspects of Rare Plant Conservation. Chichester-New York-Brisbane-Toronto: John Wiley & Sons Ltd. 17: 205-2017.
  • Rabinowitz, D. (1978). Abundance and diaspore weight in rare and common prairie grasses·, Oecologia (Berlin). 37: 213- 219.
  • Rabinowitz, D., Cairns, S., & Dillon, T. (1986). Seven forms of rarity and their frequency in the flora of the British Isles. In: Soule, M.E. (Edit). Conservation Biology: The Science of Scarcity and Diversity. Mass. (USA). Sinauer Associates Inc. 182–204.
  • Rabinowitz, D. & Rapp, J.K. (1981). Dispersal abilities of sparse and common grasses from a Missouri prairie. American Journal of Botany. 68 (5). 616-624. https://doi.org/10.1002/j.1537-2197.1981.tb12393.x
  • Hordijk, I. et al. (2024). Dominance and rarity in tree communities across the globe: Patterns, predictors and threats. Global Ecology and Biogeography (GEB). 33 (10). 1-21. DOI: 10.1111/geb.13889.
  • Yu, J. & Dobson, F.S. (2000). Seven forms of rarity in mammals. Journal of Biogeography, 27: 131-139.
  • Maciel, E.A. & Arlé, E. (2020). Rare7: An R package to assess the forms of rarity in a community. Ecological Indicators. 115. https://doi.org/10.1016/j.ecolind.2020.106419.