O proxecto CORINE - Biotopes (EUR-12587/3, 1991) inclúe como definición de hábitat a acuñada por Blondel (1979, 1995) que será posteriormente adoptada nos proxectos A Classification of Paleartic Habitats (Devillers et al., 1992) e a base de datos Physis (Institut Royal des Sciences Naturelles de Belgique, 1995), auspiciados polo Consello de Europa, sendo igualmente empregada no programa EUNIS - Hábitat da European Environment Agency (EEA).
"extensión topográfica homoxénea nos seus compoñentes físicos e bióticos á escala do fenómeno estudado"
(Blondel, 1979, 1995).
Un hábitat é unha entidade espacial tridimensional que comprende, polo menos, a interacción de entre o aire, a auga e a terra, e inclúe o ambiente físico e as comunidades de plantas e animais que o ocupan, e é unha entidade fractal en tanto a súa definición depende da escala á que se considera. As condicións que permiten que un conxunto de especies se atopen no hábitat son similares en toda a superficie do hábitat, pero non todas as características do hábitat se atopan sempre nun mesmo punto (Blondel, 1979, 1995). Un hábitat é, pois, unha expresión territorial e repetible dunha fracción do ecosistema na configuración da cal e, polo tanto, na súa identificación e valoración, débese ter en conta un conxunto irregular de características abióticas (xeográficas, xeolóxicas, xeomorfolóxicas), bióticas (compoñentes da biodiversidade, estrutura e dinámica da biocenose, funcións ecolóxicas), e antrópicas (tipos de aproveitamentos, transformacións).
A Directiva 92/43/CEE, no seu artigo primeiro establece unha nova base xurídica relativa aos hábitats, definindo ls categorías de “hábitat de interese comunitario” e de “hábitat de interese comunitario” prioritario” (hábitat prioritario), á vez que no Anexo I incluíase unha relacionaban de 231 tipos de hábitats de interese comunitario, dos que 71 eran considerados como prioritarios. No momento de elaborar o Manual de Hábitats de Galicia (Ramil-Rego et al. 2005, 2008, 2), constatar a presenza de 72 tipos de interese comunitario (33% dos designados pola DC 92/43/CEE), dous cales 18 son considerados como prioritarios (25%). O Anexo I sufriu distintas adicións vinculadas coa anexión de novos países a Unión Europea, deste xeito na súa última configuración a través da Directiva 2013/17/UE do Consello, do 13 de maio de 2013, aparece configurado por 246 tipos de hábitats de interese comunitario, dos cales 71 son considerados como prioritarios. Este cambio non modifica o número de hábitats recoñecidos en Galicia, aínda que se a súa porcentaxe fronte ao total da Unión Europea, de modo que os hábitats de interese comunitario en Galicia (72 tipos), representan 29,2% dos da UE, e os 18 de hábitats prioritarios recoñecidos en Galicia, representan o 25,3% dos de UE.
O Banco de Datos do IBADER inclúe no apartado de Hábitats unha ampla información sobre os hábitats de interese comunitario e os hábitats prioritarios presentes no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
$query_Recordset12 = sprintf("SELECT * FROM fotos where articulo =".$row_Recordset1['id']);
echo $query_Recordset12;
mysqli_set_charset($Pd_conexion,'utf8mb4');
$Recordset12 = mysqli_query($Pd_conexion,$query_Recordset12) or die(mysqli_error($Pd_conexion));
$row_Recordset12 = mysqli_fetch_assoc($Recordset12);
$totalRows_Recordset12 = mysqli_num_rows($Recordset12);?>