![]() |
A cala, cartucho, aro, é unha planta perenne nativa do Sur de África, sendo descrita en 1753 por Linnaeus como Cala aethiopica, pasando posteriormente a designarse Zantedeschia aethiopica. En Europa difundiuse o seu uso como especie ornamental, naturalizándose comportándose como especie invasora en áreas libres de xeada, onde coloniza distintos medios. Fotografía: Praia de Soesto (Laxe). Autor: Pablo Ramil-Rego. |
![]() |
A Margarida do Cabo ou Margarita africana (Arctotheca calendula) é unha especie herbácea nativa do Sur de África onde vive sobre solos areosos. Tras a súa introdución en Europa compórtase como invasora en distintos territorios especialmente en Portugal, España, Francia, Italia. Fotografía: Praia de Soesto (Laxe). Autor: Pablo Ramil-Rego. |
![]() |
Fotografía: Cortaderia selloana nativa do Sur de América, introducida como ornamental en Galicia onde manifesta un claro carácter como especie exótica invasora. Fotografía: Praia de Barrañán (Arteixo). Autor: Pablo Ramil Rego. |
![]() |
O xénero Carpobrotus inclúe especies suculentas de porte rastrero nativas do Sur de África, das que dúas delas (Carpobrotus acinaciformis, C. edulis), mostran na Península Ibérica un claro comportamento como especies exóticas invasoras. Fotografía: Ribadeo (Lugo). Autor: Pablo Ramil-Rego |
![]() |
O xenxibre branco (Hedychium gardnerianum) é unha especie nativa do Himalaya, incluída pola IUCN na lista das 100 especies exóticas máis daniñas do mundo. En España figura desde o ano 2013 no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras (Real Decreto 630/2013), a pesar diso en Galicia plantase como ornamental en xardíns privados e públicos, mostrándose como invasora en moitas localidades, onde coloniza distintos medios principalmente eucaliptais, ambientes ruderais e viarios, bosques de ribeira. Fotografía: Ortigueira. Autor: Pablo Ramil-Rego. |