Banco de Datos

Xeodiversidade



Xeodiversidade
 
A normativa estatal (Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade) e galega (Lei 5/2019, do 2 de agosto, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade de Galicia), definen “Patrimonio Natural” como o "conxunto de bens e recursos da natureza fonte de diversidade biolóxica e xeolóxica, que teñen un valor relevante ambiental, paisaxístico, científico ou cultural". Ambas normas definen á súa vez "Xeodiversidade" ou "Diversidade Xeolóxica" como a “variedade de elementos xeolóxicos, incluídos rocas, minerais, fósiles, solos, formas do relevo, formacións e unidades xeolóxicas e paisaxes que son o produto e rexistro da evolución da Terra”.
 
A norma estatal (Lei 42/2007) considera ao “Patrimonio Xeolóxico” como o: "conxunto de recursos naturais xeolóxicos de valor científico, cultural e/ou educativo, xa sexan formacións e estruturas xeolóxicas, formas do terreo, minerais, rocas, meteoritos, fósiles, chans e outras manifestacións xeolóxicas que permiten coñecer, estudar e interpretar: a) a orixe e evolución da Terra, b) os procesos que a han modelado, c) os climas e paisaxes do pasado e presente e d) a orixe e evolución da vida".
 
Pola súa banda a Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español, no seu artigo 40, integra algúns dos compoñentes máis relevantes da Gea dentro do Patrimonio Histórico Español.
 
Artigo 40.
Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
1.- Conforme ao disposto no artigo 1.º desta Lei, forman parte do Patrimonio Histórico Español os bens mobles ou inmobles de carácter histórico, susceptibles de ser estudados con metodoloxía arqueolóxica, fosen ou non extraídos e tanto se se atopan na superficie ou no subsolo, no mar territorial ou na plataforma continental. Forman parte, así mesmo, deste Patrimonio os elementos xeolóxicos e paleontolóxicos relacionados coa historia do home e as súas orixes e antecedentes.
2.- Quedan declarados Bens de Interese Cultural por ministerio desta Lei as covas, abrigos e lugares que conteñan manifestacións de arte rupestre.

1.- Unidades xeolóxias máis representantivas da Xeodiversidade do Estado Español
 
O Anexo VIII da Lei 42/2007 inclúe as unidades xeolóxicas máis representativas da xeodiversidad do territorio español, así como os Contextos xeolóxicos de España de relevancia mundial.
 
Anexo VIII.- Xeodiversidade do Territorio Español
Lei 42/2007, de 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.
 
I.- Unidades xeolóxicas máis representativas.
  • Estruturas e formacións xeolóxicas singulares do Orógeno Varisco no Macizo ibérico.
  • Estruturas e formacións xeolóxicas singulares do basamento, unidades alóctonas e cobertera mesocenozoica das Cordilleiras Alpinas.
  • Estruturas e formacións xeolóxicas singulares das concas cenozoicas continentais e mariñas.
  • Sistemas volcánicos.
  • Depósitos, chans edáficos e formas de modelado singulares representativos da acción do clima actual e do pasado.
  • Depósitos e formas de modelado singulares de orixe fluvial, lacustre e eólico.
  • Depósitos e formas de modelado costeiros e litorais.
  • Sistemas kársticos en carbonatos e evaporitas.
 
II.- Contextos xeolóxicos de España de relevancia mundial.
  • Rede fluvial, rañas e relevos apalachianos do Macizo Ibérico.
  • Costas da Península Ibérica.
  • Sistemas kársticos en carbonatos e evaporitas da Península Ibérica e Baleares.
  • Sucesións estratigráficas do Paleozoico inferior e medio do Macizo Ibérico.
  • O Carbonífero da Zona Cantábrica.
  • O «rifting» de Pangea e as sucesións mesozoicas das cordilleiras Bética e Ibérica.
  • Fósiles e icnofósiles do Mesozoico continental da Península Ibérica.
  • Seccións estratigráficas do límite Cretácico- Paleógeno.
  • Concas sinorogénicas surpirenaicas.
  • Concas cenozoicas continentais e xacementos de vertebrados asociados do Levante español.
  • Unidades olistostrómicas do antepaís bético.
  • Episodios evaporíticos messinienses (crises de salinidade mediterránea).
  • Xacementos de vertebrados do Plioceno e Pleistoceno españois.
  • Vulcanismo neóxeno e cuaternario da Península Ibérica.
  • Edificios e morfoloxías volcánicas das Illas Canarias.
  • O oróxeno varisco ibérico.
  • Extensión miocena no Dominio de Alborán.
  • Mineralizacións de mercurio da rexión de Almadén.
  • A faixa Pirítica Ibérica.
  • As mineralizacións de Pb-Zn e Fe do Urgoniano da conca Vasco-Cantábrica.
  • Complexos ofiolíticos da Península Ibérica.