Código Internacional de Nomenclatura de Virus.
O International
Code of Virus Classification and Nomenclature ou simplemente
Código virológico, é unha forma de clasificación dos virus creada polo International Committee on Taxonomy of Viruses (ICTV). A última versión do Code of Virus (ICVCN) é de Marzo-2025 e pódese consultar na WEB do ICTV (
https://ictv.global/about/code)
Os Estatutos do ICTV establecen que a clasificación e nomenclatura dos virus estarán suxeitas ás normas establecidas nun Código Internacional. A taxonomía de virus difire doutros tipos de clasificación biolóxica porque o ICTV non só regula un Código de Nomenclatura, senón que tamén considera e aproba a creación de taxones de virus. A prioridade de publicación non é o factor determinante.
A clasificación dos virus formulada polo ICTV baséase na recompilación e comparación de diversos caracteres que os describen e que poden utilizarse para distinguilos. Estes caracteres poden consistir en calquera propiedade ou característica do virus, incluíndo a composición molecular do xenoma; a estrutura da cápside viral e se está envolta ou non; o programa de expresión xénica utilizado para producir as proteínas virales; o rango de hospedadores; a patoxenicidad; e a similitude de secuencias. Aínda que todos os caracteres son importantes para determinar as relacións taxonómicas, as comparacións de secuencias, utilizando tanto a similitude de secuencias por pares como as relacións filoxenéticas, convertéronse nun dos principais conxuntos de caracteres utilizados para definir e distinguir os taxones virales. A partir da avaliación de caracteres, establécese unha relación xerárquica que agrupa aos virus con propiedades similares. As propiedades que definen aos taxones de nivel superior son compartidas por todos os taxones de nivel inferior que pertencen a taxones de nivel superior.
O ICTV (International Committee on Taxonomy of Viruses) clasifica os virus considerando o tipo de ácido nucleico (ARN ou ADN), a morfoloxía e os hospedantes organizándolles nun diagrama (virosfera) onde se pode visualizar a diversidade dos virus. En febreiro de 2018 a Clasificación do ICTV incluía 9 ordes, 131 familias, 46 subfamilias, 803 xéneros e 4853 especies de virus.