A Universidade de Verán da USC ofrece nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro un amplo catálogo de cursos con variados centros de interese que se desenvolven en Compostela, Lugo e diversas vilas galegas. O prazo de matrícula nos cursos da Universidade de Verán ábrese a mediados do mes de maio e permanece aberto ata dez días antes do comezo de cada curso.
Toda persoa inscrita nun curso de verán que cumpra coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso, recibirá un diploma acreditativo no que constará o seu nome completo, nº de identificación, título de curso, datas e nº de horas lectivas. Por outra parte, a USC recoñece os cursos da Universidade de Verán a efectos de créditos ECTS, en todas as titulacións de Grao, para o estudantado da USC que estivese matriculado nun grao no momento de realizar o curso de verán e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso, coa seguinte equivalencia: 2 créditos por cada curso de 25 ou máis horas e 1 crédito por cada curso de menos de 25 horas (máximo 12 créditos en total, RR do 5/12/2025).
Mais información: Cursos de Veran da USC [Enlace-USC]
2.- Información do curso.
Este curso se fundamenta en los objetivos y metas establecidas por la Estrategia Europea de Biodiversidad, la Estrategia Europea de Infraestructura Verde y el Reglamento Europeo de Restauración Ecológica. Se estudiarán los aspectos normativos y técnicos y, especialmente, los proyectos y actuaciones que se desarrollaron en Galicia a través de distintos proyectos colaborativos en los que participa el profesorado que interviene en el curso.
3.- Datos básicos do curso e matrícula