O proxecto supón dar continuidade a un modelo urbano sostible, vinculando a cidade compacta co contorno natural, afianzando o concepto de infraestrutura verde e incrementando a resiliencia urbana fronte aos efectos do cambio climático. Procurarase a consolidación do Cinto Verde Exterior da cidade e a introdución das dinámicas ecosistémicas, renaturalizando o contorno urbano —conectando este cinto coas áreas verdes urbanas, incrementando a biodiversidade e a calidade urbana, e aumentando a protección do medio urbano—. As accións propostas sitúanse na periferia inmediata da cidade —consolidando o cinto verde— así como na cidade compacta —introducindo a natureza na trama urbana—, sempre vencelladas aos espazos húmidos dos ríos Sar, Sarela e Corgo —áreas altamente vulnerables aos efectos do cambio climático—, garantindo a convivencia axeitada entre as funcións metabólicas e os usos urbanos.
Accións:
• Estratexia de infraestrutura verde local e adaptación ao cambio climático en Santiago de Compostela
• Renaturalización da mazá e creación dun corredor ecolóxico urbano no Barrio Verde de Pontepedriña
• Naturalización da lagoa do Auditorio de Galicia, restauración fluvial do río Corgo e mellora ecolóxica das áreas verdes contiguas
• Consolidación do Cinto Verde Exterior. Restauración ambiental e creación do Laboratorio Vivo Urbano Agroecolóxico no Xardín Botánico
• Consolidación do Cinto Verde Exterior. Recalificación e recuperación ambiental da área verde do Barrio de Cornes
• Consolidación do Cinto Verde Exterior. Restauración ecolóxica e fomento da biodiversidade no Monte Periurbano do Viso
• Plan de Participación e Gobernanza
• Plan de Comunicación e Sensibilización
• Plan de Medición e Seguimento de Indicadores
$query_Recordset12 = sprintf("SELECT * FROM fotos where articulo =".$row_Recordset1['id']);
echo $query_Recordset12;
mysqli_set_charset($Pd_conexion,'utf8mb4');
$Recordset12 = mysqli_query($Pd_conexion,$query_Recordset12) or die(mysqli_error($Pd_conexion));
$row_Recordset12 = mysqli_fetch_assoc($Recordset12);
$totalRows_Recordset12 = mysqli_num_rows($Recordset12);?>