Convocatoria de axudas da Fundación Biodiversidade, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos que contribúan á renaturalización urbana, de maneira que se incremente tanto a biodiversidade e a súa conservación nos contornos urbanos como a resiliencia das cidades fronte ao cambio climático, a súa habitabilidade e a calidade de vida das persoas habitantes, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).
Ano da convocatoria: 2022
Liña de actuación temática: Contornos urbanos
Fonte de financiamento: Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia