Actividades

Descripción do proxecto





Nome do proxecto:

Natureza, Conectividade e Benestar. Proxecto de renaturalización, mellora da biodiversidade e creación de corredores ecolóxicos urbanos para a consolidación da Infraestrutura Verde da Coruña (CORUÑA VERDEA)

Partenariado:
 
  • Concello da Coruña
  • IBADER-USC

Importancia estratéxica:

Príorizanse áreas de alta densidade e vulnerabilidade socioambiental, introducindo a natureza na trama urbana e promovendo as SbN. As actuacións enmárcanse nunha Estratexia de infraestrutura verde e adaptación ao cambio climático para consolidar unha infraestrutura verde multifuncional, accesible e inclusiva, que reforce a conectividade cos ENIL Torre de Hércules e Illas de San Pedro. 

Como resultado do proxecto, espérase renaturalizar unha superficie de 445.301 m².

Accións:

As actuacións inclúen:
 

1) Mellora da biodiversidade do Parque Carlos Casares e da súa conectividade ecolóxica co ENIL Torre de Hércules, propoñendo a creación de pasos de fauna, a substitución do asfalto por pavimento drenante, o incremento da vexetación, a creación de biótopos para seren colonizados por insectos, réptiles ou pequenos mamíferos, a ampliación de hortos urbanos e o control de especies invasoras;

2) Creación dun corredor verde urbano que vincule o ENIL Torre de Hércules co interior da cidade;

3) Restauración da lagoa do parque de Eirís;

4) Recualificación do Parque de Oza, con actuacións de mellora da biodiversidade, restauración do estanque e creación dun humidal funcional;

5) Mellora ambiental do Parque de Vioño a través do reforzo da funcionalidade ecolóxica e da creación dunha área de biorretención;

6) Establecemento dun corredor verde no barrio da Sagrada Familia;

7) Realización dun proxecto piloto de codeseño social para a implantación de microespazos verdes no barrio do Agra do Orzán; e

8) Mellora da biodiversidade local mediante a creación de hábitats para o refuxio, a cría e a alimentación da fauna nos espazos verdes urbanos da Coruña.


Ligazóns:

https://fundacion-biodiversidad.es/proyecto_feder/coruna-verdea-naturaleza-conectividad-y-bienestar-proyecto-de-renaturalizacion-mejora-de-la-biodiversidad-y-creacion-de-corredores-ecologicos-urbanos-para-la-consolidacion-de-la-infraestructura-ve/
 


 

Ibader