Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio
O Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio combina catro significados do concepto terra: ambiental, social, económico e cultural. O seu eixo central é o deseño de novos modelos de xestión territorial nun contexto complexo, adecuados ás características de cada espazo. Unha realidade complexa só pode ser abordada desde un enfoque multisectorial e transdisciplinario, polo que o máster inclúe contidos de carácter tecnolóxico, ambiental, de planificación e xestión, e de tipo social.
O programa está concebido para formar no coñecemiento e nas técnicas necesarias para a investigación e o exercicio profesional na planificación dos usos do solo, así como o deseño de políticas e programas para levar a cabo unha xestión sustentable da terra como recurso. Estes profesionais deben familiarizarse coa teoría e práctica dos procesos de avaluación e planificación, a resolución de conflictos de propiedade, nun contexto diverso no sector público, a empresa, as organizacións da sociedade civil e a investigación académica.
As metas do máster son:
Formar especialistas que, a partir do recurso terra, desenvolvan novos modelos de territorio, e sexan parte dos mesmos
Aproveitar as tecnoloxías da información xeográfica para unha nova xestión territorial, integrando as ciencias naturais, as ciencias sociais e a enxeñería
Incorporar os resultados da investigación ao proceso de aprendizaxe
Promover a hibridación académica, cultural e xeográfica entre disciplinas e persoas
Construir novos territorios
Descrición del Programa
Programa de máster con límite de prazas e criterios xerais de selección
Número de prazas: 22 das cales 3 a tempo parcial (*) 8 reservadas para alumnos estranxeiros
*30 créditos/ano. Grande parte das materias impartiranse ao longo de días completos, o que permite aos alumnos matriculados a tempo parcial asistir por días ás clases presenciais.
Carácter: presencial Rama de coñecemento: enxeñería e arquitectura
Normativa de permanencia:
RESOLUCIÓN de 13 de xuño de 2011 pola que se acorda a publicación da normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, aprobada no Consello Social de 5 de xuño de 2012, DOG 17 de xullo de 2012.
Idiomas: Galego, Español e Inglés (recomendable nivel B1 do Consello de Europa)