Estrutura do IBADER: Consello Científico
Acorde coa Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades (BOE 307, de 24/12/2001), e a normativa da USC, os órganos de goberno e representación do IBADER son de carácter colexiado; Xunta de Goberno e Consello Científico, así como unipersonales: Director/a, Secretario/a Académico.
Consello Científico
É un órgano colexiado constituído por investigadores adscritos ao IBADER, encargado de organizar as actividades de I+D+i que desenvolven os grupos de investigación do Instituto. O Consello Científico coordina a relacion con outros centros de investigación, así como coas entidades públicas e privadas vinculadas coas liñas de actuación do instituto. Está presidido polo Director/a de o Instituto e conformado por investigadores pertencentes a distintas áreas de coñecemento. De acordo co regulamento interno o Instituto organiza as súas actividades a través de catro unidades Investigación, Docencia, Servizos, Difusión, que son xestionadas e coordinadas polo Consello Científico e o equipo de dirección.