A
FAO define Agroecosistema ó Agrosistema, como un ecosistema no que o ser humano exerceu unha intencionada selectividade sobre a composición dos seres vivos, e sobre a súa estrutura e funcionamento co fin de proporcionar alimentos e outros produtos para a poboación humana. Os Agrosistemas conteñen poboacións humanas, e dimensións tanto económicas, como sociais e ambientais. O acelerado crecemento da poboación humana, a constante demanda de novas terras, que se superpoñen á actividade agrícola e gandeira tradicional, ademais doutros factores como o cambio climático, fai suscitar de novo o interese na procura de alternativas para mellorar a producións vexetais e animais de pequena escala, agora cun enfoque tecnolóxico novo no que é preciso considerar un cambio de estratexias. Estas novas maneiras de facer encaixan nestas liñas, que actualmente se está revalorizando, e así o demostran as investigacións actuais que denotan a eficiencia biolóxica, económica e ecolóxica dos Agrosistemas adaptados ao medio.
O
IBADER pretende ser un líder a nivel de Galicia en relación coa I+D+i vinculada cos Agrosistemas. A experiencia e a información xerada no territorio galego pode contextualizarse coa obtida noutros territorios, especialmente da Eurorrexión Atlántica, así como en Iberoamérica, establecendo deste xeito un importante espazo para a colaboración científico-técnica.
A perspectiva da economía sustentable entra ao servizo desta liña tanto para orientar a proposta de actuacións baixo criterios de eficiencia económica como para impulsar a creación de tecido empresarial que contribúa ao desenvolvemento endóxeno e sustentable do medio rural, na medida en que para o logro dun desenvolvemento rural sustentable considérase imprescindible a creación de tecido empresarial que contribúa á cohesión territorial, free o despoboamento e se base nunha xestión responsable dos recursos autóctonos. Exponse así que o
IBADER adquira un papel activo como axente de dinamización económica da súa contorna máis próxima (comarcas da provincia de Lugo), traballando en tres ámbitos: o da formación e difusión do coñecemento, o da detección de oportunidades de emprendemento no ámbito rural, e o da análise da viabilidade económico-financeira das mesmas, como paso previo á súa posta en marcha.
Na liña Ambiental designáronse 3 grandes prioridades interconexionadas a través do concepto de sustentabilidade: Actividade agraria produtiva e sustentable. Sustentabilidade de recursos naturais (biolóxicos, auga, chan). Economía sustentable. E en cada unha delas distintos ámbitos concretos de actuación.