Banco de Datos

Tp 01. Adiantado

Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega
Typus 01. Adiantado


O Libro da Xénese recolle un mandato de Deus a Eva e Adán e aos seus descendentes; "E bendiciunos Deus e díxolles: Crecede, multiplicádevos, enchede a terra e sometédea; dominade os peixes do mar, as aves do ceo e todos os animais que se moven sobre a terra". Dende a máis afastada antigüidade o home tratou de conquistar e someter irracionalmente o planeta esgotando os seus recursos e condenandogrande parte da sociedade humana á fame e á miseria. Na colonización das últimas fronteiras xorden osadiantados e así en 1522 a coroa española subscribía unha capitulación con Juan Ponce de León "parayr a descubrir y poblar la ysla de Bimini", outorgándolle o título de "adelantado de la dicha ysla", e enconsecuencia plenos poderes sobre esta. En Galicia a conquista irracional e insostible da terra segueespertando frenesí entre grupos de cidadáns que a pesar de carecer a designación rexia de adiantado,inician a conquista dos inhóspitos territorios co apoio compracente do líder local, que prodiga a ordenanzanon escrita do "Ti vai facendo", mentres espera a vinda gozosa dunha nova desnaturalización dasnormativas protectores do chan e do patrimonio que outorgue aos adiantados papeis de legalidade paraas súas ímprobas actuacións.

Anaco a anaco transformáronse os montes comunais de varias provincias galegas en predios privados onde se foron establecendo adiantados de todo tipo. A táctica da formiga traballadora utilizouse con éxito para parcelar peche tras peche, medios dunares, humidais, bosques e distintos tipos de hábitats naturais situados en solos rústicos protexidos. Controlado o perímetro o adiantado desenvolve a súa obra colonizadora construíndo un singular galponciño supostamente para as ferramentas, un depósito de auga para aplacar a sede das exhaustas galiñas, á vez que substitúe a maléfica vexetación natural por tristes camelias (Camellia) e lúgubres cipreses bastardos (Chamaecyparis), xunto cunha pequena representación da heroica horticultura promiscua. Nun plis-plas, e oculto tras os impenetrables muros o rudimentario galpón convértese en vivenda de dúas plantas, e o bebedoiro destinado a saciar ás sedentas galiñas nunha piscina olímpica.

Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader