Banco de Datos

Limiar

Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega

Os escritores galegos do Século XIX retrataron os diversos tipos de paisaxes galegas. Nas obras de Rosalía de Castro ou de Emilia Pardo Bazán contraponse a paisaxe urbana, cargada de bulicio, co rural, identificado este último co natural, e caracterizado pola súa dozura, tranquilidade, melancolía, un espazo que evoca recordos felices, cuxa harmonía québrase ocasionalmente pola acción dos axentes naturais. Nesta perda de naturalidade irrompe tamén o home, que coa súa irracional existencia degrada a paisaxe. Décadas máis tarde, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao mostraba a súa preocupación pola degradación da paisaxe galega, afirmando que "O eucalipto desnaturalizou a paisaxe galega". A rotunda e atinada afirmación de Castelao prodúcese no momento en que o eucalipto está a iniciar a súa difusión territorial, que culminará a finais do Século XX coa eucaliptización e degradación de grandes superficies da paisaxe galega. A perda de naturalidade da paisaxe galega será retratada con mestría en "O bosque animado", obra do coruñés Wenceslao Fernández Flórez (1943), que describe admirablemente a vida rural en torno a unha fraga malpocada, na que puxeron as súas poutas destrutivas o piñeiro e o eucalipto, e onde se introduce unha liña de teléfono, cuxo poste, ao igual que o resto dos elementos da fraga, ten unha personalidade propia, neste caso marcada pola vaidade e a presunción, unida a unha rancia xactancia aristocrática.

Nas décadas finais do Século XX e a primeira do presente, a paisaxe foi destruíndose, quizais con maior forza, con maior avidez. As fragas e os soutos desapareceron do ámbito territorial de moitas parroquias, de moitos municipios, e de seguir con este ritmo destrutor posiblemente de moitas bisbarras. A perda de biodiversidade móstrase igualmente contundente en relación coa representación doutros ecosistemas, especialmente das brañas e turbeiras, dos queirogais, das dunas e marismas, das lagoas costeiras e interiores. Vivimos unha época gris para a conservación do patrimonio de Galicia, sexa este natural, cultural, rural ou urbano. A destrución cabalga desbocada propagando unha visión distorsionada da modernidade, coa que se quere ocultar un modelo insostible tanto na súa vertente ambiental como social.

A degradación da paisaxe e das súas compoñentes non é un problema que afecta unicamente a Galicia, xa que moitos dos problemas que aquí podemos identificar, tamén se poden recoñecer noutros territorios da Unión Europea. E por iso en distintas normativas de incidencia ambiental xurdiu a necesidade de diagnosticar e avaliar, como paso inicial a calquera medida de planificación ou de xestión, o estado en que se atopan determinados compoñentes. Empregando nestas valoracións un conxunto de niveis entre o "bo estado" e o "mal estado". O cambio a nivel lexislativo resulta rompedor fronte ás políticas conformistas de épocas pasadas, onde se asumía sempre a situación como "perfecta", mentres que as imperfeccións se ocultaban debaixo dunha pesada alfombra. Malia iso, esa nova formulación non resultaba novidosa no ámbito social, onde a dicotomía clásica entre o bo e o malo, o yin e o yang, o feo e o belo, aplicábase en distintas esferas e relacións. Neste mesmo contexto, o Convenio da Paisaxe (2001), refírese tanto ás paisaxes que poidan considerarse excepcionais coma ás paisaxes cotiás ou degradadas. Formulando o Convenio a necesidade de identificar e cualificar as paisaxes e os seus elementos, aínda que non definindo para iso unha metodoloxía concreta.

En Galicia a escasa protección que se outorga ás paisaxes excepcionais, cotiás ou degradadas, e a escasa participación nos procesos de identificación e cualificación das paisaxes, propiciou distintos movementos sociais na súa defensa. A eles debémoslles a cuñaxe de novos termos e conceptos, como a "eucaliptización", o "ladrillazo", ou o "feísmo". Co termo feísmo trátase de aglutinar un conxunto heteroxéneo de actuacións efectuadas polo ser humano sobre a paisaxe, froito da introdución de elementos alleos ou construcións distorsionantes que afastan un escenario ou un tipo concreto de paisaxe do seu estatus de "excepcional" ou "cotián". A percepción resulta aquí, como na propia definición que o Convenio de Florencia acuña sobre a paisaxe, o elemento clave. Non exento de subxectividade, pero tamén non exento de criterios ou concepcións aceptadas pola maior parte da cidadanía.

Estas notas de presentación do libro non as deberiamos escribir os autores, posto que contabamos para iso coa pluma máis versada do noso compañeiro e amigo o profesor Gerardo Pereira-Menaut, promotor e impulsor do Observatorio Galego do Territorio, pero o seu óbito inesperado nos deixou orfos das súas palabras, da solidez dos seus coñecementos, da súa excelencia como conversador e comunicador, e do seu compromiso pola paisaxe galega. Este libro xorde dunha desas longas e tranquilas conversacións mantidas con Gerardo, que nos requiría un artigo para a Revista Kardo que versase sobre o cambio paisaxístico daqueles montes que os nosos avós designaban como "calvos" e agora se atopan cubertos por torres de metal. Nun encontro posterior, formulounos vincular estas accións co feísmo. Todo un reto, pouco a pouco fomos incorporando máis casos e dándolle ao documento un aire de guía de campo, buscando con iso afastarnos do deslustrado tecnicismo que impera nos documentos oficiais, para debullar coa descrición dun conxunto de tipos o estado en que se atopa a paisaxe de Galicia. Aínda que Gerardo non puido efectuar a presentación deste libro, non nos queriamos esquecernos as súas palabras e por iso consideramos oportunos recuperar un dos artigos que escribiu para a Revista Kardo en relación co feísmo.
A vueltas con el feísmo (2ª parte) y respuesta a Sergio Remacha Vecino
Gerardo Pereira-Menaut
Revista Kardo
 
Efectivamente, el discurso sobre el feísmo no es ni puede ser un debate artístico sobre la belleza o la estética de los objetos. El (o los fenómenos) que llamamos feísmo es mucho más que objetos feos. Las construcciones de cualquier tipo y función, la disposición de éstas en el espacio y la relación de unas con otras, también ellas pueden producir montones, nunca mejor dicho, de feísmo. Es feísmo el automóvil o la nevera viejos ‘depositados’ en el monte cuando no se sabe qué hacer con ellos. Y podemos afinar un poco más: ¿no es feísmo destruir un jardín para hacer un parque infantil innecesario, en un lugar inadecuado para ello, por decisión de una o varias personas, aunque la norma las faculte para ello, de espaldas a los intereses de los ciudadanos? Con esto nos pasamos a otro feísmo, que ya no reside en objetos o realidades materiales, sino en actitudes de las personas, en su forma de proceder, en sus ideas. El fascismo es feo. ¿Se puede dudar?