Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega
Typus 03. Galpón
Un dos elementos máis característicos do feísmo galego é o "galpón" entendido como tal unha construción con paredes xeralmente de bloque ou ladrillo e tellado de distinta fábrica, que é empregada como segunda vivenda ou fin de semana e que se atopa situado dentro do perímetro do adiantado ou construído en metade da nada. Co tempo o galpón pode sufrir unha metamorfose e converterse nunha alegre vivenda de dúas plantas, ou reproducirse asexualmente obténdose unha pequena colonia de galponciños que rodean ao proxenitor.
O termo "galpón" difire do concepto de "pendello", "alboio, "alpendre", "cabana" é dicir das construcións auxiliares destinadas nas vivendas rurais como almacén de leña ou de ferramentas que se sitúan contiguas á vivenda ou próximas a estas. E tamén difire do concepto de "chabola", "cacharufo" ou "choupana". O Dicionario da Real Academia Galega non recolle o termo "galpón" e no da Española, indícase que é de orixe americana, outorgándose en castelán tres significados; 1. - Casa grande dunha planta. 2. - Departamento que se destinaba aos escravos nas facendas de América. 3. - Alpendre grande con paredes ou sen elas. Ningún destes significados acerta co uso outorgado polos creadores da paisaxe galega para a voz galpón, a pesares de que este termo aparece recollido abundantemente na documentación xerada entre os nosos creadores e as autoridades urbanísticas.
$query_Recordset12 = sprintf("SELECT * FROM fotos where articulo =".$row_Recordset1['id']);
echo $query_Recordset12;
mysqli_set_charset($Pd_conexion,'utf8mb4');
$Recordset12 = mysqli_query($Pd_conexion,$query_Recordset12) or die(mysqli_error($Pd_conexion));
$row_Recordset12 = mysqli_fetch_assoc($Recordset12);
$totalRows_Recordset12 = mysqli_num_rows($Recordset12);?>