Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega
Typus 09. Transgresor
O feísmo urbanístico establécese pola morfoloxía dun edificio ou un conxunto de edificios, pero tamén pode alcanzarse na súa plenitude mediante a incorporación de materiais ou estruturas que transgriden as pautas máis básicas da paisaxe urbana, rural ou natural, deixando neles unha ameazante pegada. Neste país de aldeas e corredoiras resulta inconcibible que a un lado as autoridades se empeñen en poñer en cintura aos cidadáns no momento de elixir a cor das ventás, ou o tipo de material empregado para asegurar as contras de madeira que as pechan. Mentres que ao outro lado da nosa ficticia corredoira se tolere o uso de cubertas metálicas ou de materiais que nada teñen que ver coa forma secular de teitar as vivendas, ou se permita a construción de moles de formigón visto, mentres aos sufridos cidadáns se lles aplica normas case tiránicas en relación coa tipoloxía de galería, balcóns e ventás. Poucas cidades, vilas e pobos de Galicia libráronse deste feísmo que invade prazas, glorietas, colexios, dependencias municipais, ambulatorios, centros comerciais, supermercados, matadoiros ou tanatorios.
$query_Recordset12 = sprintf("SELECT * FROM fotos where articulo =".$row_Recordset1['id']);
echo $query_Recordset12;
mysqli_set_charset($Pd_conexion,'utf8mb4');
$Recordset12 = mysqli_query($Pd_conexion,$query_Recordset12) or die(mysqli_error($Pd_conexion));
$row_Recordset12 = mysqli_fetch_assoc($Recordset12);
$totalRows_Recordset12 = mysqli_num_rows($Recordset12);?>